31 de mar. de 2019

CONCURSO SELFIE LIX

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, co patrocinio do Ministerio de Cultura y Deporte, convoca o concurso «Selfie LIX Día Internacional»
Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca.
Haberá que:
  • Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil.
  • Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
  • Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.
ANIMÁDEVOS, temos ata o día 10 de abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario