Esta semana, e seguindo co Plan Proxecta Donas de si, o alumnado de 3º da ESO comezou a traballar en matemáticas a unidade didáctica de María Wonenburger, onde ademais de coñecer a vida desta muller galega, repasaron conceptos de álxebra e practicaron a resolución de ecuacións.
María Josefa Wonenburger Planells naceu na Coruña en 1927 e estudou a licenciatura de matemáticas en Madrid. Despois de comezar os cursos de doutoramento e vendo que lle sería complicado conseguir un traballo aquí, trasladouse aos Estados Unidos para finalizar a tese doutoral. Cando regresou a España non lle recoñeceron o título americano de doutora, polo que realizou outra tese doutoral, coa que tampouco obtivo o título de doutora (problemas burocráticos). Posteriormente, volve o continente americano onde chega a ser “Full Professor” (o equivalente a catedrática) ata que decide abandoar a súa carreira profesional e volver á Coruña para coidar da súa nai. Morreu na Coruña no 2014.
«Con trabajo y esfuerzo se puede conseguir lo que uno quiere.»
«Mi mayor orgullo son mis alumnos.»
«Tengo tendencia a ser feliz.»
María J. Wonenburger
Ningún comentario:
Publicar un comentario