9 de abr. de 2020

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!


Nestas vacacións de Semana Santa tan estrañas e especiais, seguimos a recibir vídeos e fotos do alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. Desta forma, podedes ver aos vosos compañeiros e compañeiras e mandarlles ánimos!

O primeiro vídeo de hoxe ven directamente da Xogoteca da Cañiza! Queredes velo? Pois non vos entreteño máis. Aí vai!





Tamén nos envían un vídeo os alumnos e alumnas da clase de 5º de Infantil A, das profes Eva e Sara. Que chulo poder vervos a todos e todas! Unha aperta moi grande!






E para rematar por hoxe, dúas fotos: Alexia (3ºA) e Valentina (5ºB) ensínannos os seus traballos. Alexia fixo unhas cestas de Pascua preciosas, e Valentina uns debuxos, moi bonitos tamén, cunha mensaxe para todos e todas. Ademais está a ler un libro. Ben feito, Valentina!





Ningún comentario:

Publicar un comentario