Convidamos ás titorías cunha dobre proposta:
- O alumnado de 1º decorará plumas con cores, textos, ideas... Con elas, despois, crearemos unhas ás, coas que montaremos un "photocall" onde se poderán fotografar ata o 8M durante os recreos. Tamén decidirán unha frase que ilustre ese “fotocol” (cada grupo elixirá a que mellor os represente). De estas catro frases sairá a gañadora que ilustre a composición. O grupo gañador terá un pequeno agasallo.
- O alumnado de 2º, 3º e 4º fará a actividade “Alza a túa voz!”. Decorarán debuxos cunha mensaxe relacionada co movemento do 8 de marzo, visibilizando algunhas das reivindicacións máis importantes. Finalmente recortarán as imaxes para facer un mural a modo de colaxe, simulando unha manifestación chea de mensaxes e reivindicacións pola igualdade real.
E xa podemos ir vendo resultados...
Ningún comentario:
Publicar un comentario