28 de abr. de 2023
ENFIANDO VERSOS I, FASE FINAL
27 de abr. de 2023
26 de abr. de 2023
SON DA ESO: DÁME LERIA 3
25 de abr. de 2023
ENFIANDO VERSOS I
Estamos en plena fase clasificatoria do "Enfiando versos I" e encantados coa boa resposta. A biblioteca enche cada recreo e nin nós o podemos crer!!!!!!!!!!
Atentos a esta entrada no blog porque cada día iremos enchendo a galería coas fotos e vídeos de cada curso. Picade na foto e irédelos vendo.
LETRAS GALEGAS, 2023
- Primavera das letras.
- Seminario Galán.
- O portal da lingua galega. Recolle numerosas actividades dinamizadoras dos centros.
- Consello da cultura galega.
- Aulas Galegas.
- As Letras en Datos e Datas.
- Francisco Fdez del Riego, o que nunca se rendeu capítulo 1. Capítulo 2-6
24 de abr. de 2023
AMIGO INVISIBLE POLO DÍA DO LIBRO, 2023
22 de abr. de 2023
DÍA MUNDIAL DA TERRA, 2023
No día de hoxe, e sempre, deberíamos recordar que "a Terra non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos".
21 de abr. de 2023
DECORANDO AS PORTAS CON LIBROS, 2023
Formaban o xurado catro traballadores do centro e catro alumnos; cada un seleccionaba catro creacións. A mellor recibía 20 puntos, a segunda 15, a terceira 10 e a cuarta 5.
Feito o reconto final, esta sería a gañadora: 4º B
65 PUNTOS |
50 PUNTOS |
POLA IGUALDADE DE XÉNERO CON INFANTIL E PRIMARIA
Dende Valores, Eva (L Castelá) e ALba (Orientación) organizaban a actividade. Nun primeiro momento pediron aos alumnos de primaria e infantil que debuxaran que querían ser de maiores; despois analizaron en 2º e 3º da ESO se os estereotipos de xénero seguían arraigados, finalmente seleccionaron contos infantís que representaron ante os pequenos (marionetas, teatro, sombras...), co fin de visibilizar estereotipos e romper clichés.
Algún dos contos traballados foron: Maruxa, A viaxe de mamá, Daniela Pirata, Rosa caramelo, Las princesas también se tiran pedos, Vivan las uñas de colores...
20 de abr. de 2023
DÍA DO LIBRO EN RELIXIÓN, 2023
17 de abr. de 2023
16 de abr. de 2023
EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO, 2023
15 de abr. de 2023
DÍA DO LIBRO, 2023
11 de abr. de 2023
MÚSICA POLA IGUALDADE
O proxecto elixido é “X(é)nero Versos: música pola igualdade” no que se traballa a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, utilizando a música, e en concreto o rap, como canle de comunicación coa adolescencia.
OBRADOIROS "PROXECTO VIOLETAS"
Este mes de abril, dentro das actividades que desenvolve o Concello co «PROXECTO VIOLETAS», realizaremos, co alumnado de Secundaria, obradoiros de habilidades sociais para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Serán:
- De autoestima en 1º da ESO.
- De violencia de xénero en 2º.
- De música pola igualdade en 3º.
- Afectivo-sexual en 4º.
4 de abr. de 2023
EXPO 2023
Xa levamos meses, a voltas coa exposición que, polo día do libro, presentamos dende a biblioteca. Este curso, ao cumplirse os 20 anos do Prestige, queremos recordar a maior catástrofe ambiental que padecemos.
Xa temos algún traballo exposto. Picade na foto e ide vendo.