6 de maio de 2024

VISITA DE 6º

Por fin viñeron ao cole os futuros primeiros! Foi un día intenso:
  • Recibímolos na biblioteca cunha lambetada e un agasallo creado para eles, un marcapáxinas.
  • Percorreron o cole guiados por coñecidos e antigos compañeiros: laboratorio, ximnasio, plástica, música e informática, aulas, algún club de lectura que estaba reunido...
  • Celebraron un petisco na cafetería para coñecer a futuros amigos de procedencias diferentes: Cañiza, Crecente, Valeixe e Arbo
  • Remataron a xornada cunha actividade deportiva de orientación, deseñada polos nosos profes de Educación Física.
Cremos que se conseguiu o obxectivo, perder o medo ao futuro para que poidan chegar en setembro con moita tranquilidade e ganas. Agardámolos.


Plano do centro para localizar os puntos de control en orientación
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario