O alumnado de 3º de ESO do CPI A Caniza participou nunha saída ao Concello de Melón xunto co IES do Ribeiro, para coñecer as causas e consecuencias dos incendios que arrasaron a zona o verán pasado. Tras tomar conciencia do sucedido, entrevistaron a axentes forestais, políticos e veciños afectados, e gravaron o monte para visibilizar unha realidade que, ano tras ano, sofren as terras galegas. O resultado, despois de moitas sesións de traballo, foron tres documentais:
3ºA: "Entre o lume"
3ºB: "As voces do lume"
3ºC: "Cinzas que deixan pegada"
Tras unha votación cruzada entre os dous centros, o documental gañador no noso centro foi o de 3ºC, "Cinzas que deixan pegada".
Pero contra o lume, o verdadeiro premio é a memoria que non se apaga: parabéns a todo o alumnado de 3º de ESO polo seu traballo e compromiso, e grazas ao IES do Ribeiro por axudar a manter viva esta loita. Porque, contra o lume, gañamos todos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario