Aínda que dende xuño coñecemos o premiado no ámbito das letras, o cubano Leonardo Padura, será o 23 de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2015.
19 outubro 2015
17 outubro 2015
PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2015
Alicia Giménez Bartlett, con Hombres desnudos e Daniel Sánchez Arévalo con La isla de Alice resultaron ser a gañadora e o finalista do Premio Planeta de novela que, como cada ano, se falla a noite do 15 de outubro.
09 outubro 2015
NOBEL DE LITERATURA, 2015
A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.
Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de gran parte da poboación da antiga URSS, así como dos sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente en obras como La guerra no tiene rostro de mujer, Los chicos de zinc ou Voces de Chernóbil.
07 outubro 2015
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2015
A escritora Ledicia Costas gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta", unha obra "extraordinaria, humorística e rompedora".
05 outubro 2015
01 outubro 2015
PREMIO NACIONAL POESÍA, 2015
Luis Alberto de Cuenca recibe o Premio Nacional de Poesía por 'Cuaderno de vacaciones'.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2014.
Ás portas deste galardón quedou a galega Yolanda Castaño coa obra A Segunda Lingua. Logo de pasar oito de nove roldas de votación, na última delas o xurado decantábase por Luis Alberto de Cuenca.
23 setembro 2015
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2015
Ignacio Martínez de Pisón, coa obra «La buena reputación», foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa.
22 setembro 2015
PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2015
A ilustradora Elena Odriozola foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Ilustración pola súa capacidade de renovación seguindo unha liña propia e coherente e polo potencial narrativo da súa obra, segundo o xurado.
A autora traballa para toda clase de libros para nenos e adulto como ¿Cuánta tierra necesita un hombre? de Tolstoi, Frankenstein de Mary Shelley ou Oda a una estrella de Pablo Neruda.
A autora traballa para toda clase de libros para nenos e adulto como ¿Cuánta tierra necesita un hombre? de Tolstoi, Frankenstein de Mary Shelley ou Oda a una estrella de Pablo Neruda.
19 setembro 2015
PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Antonio Malpica Maury convértese no primeiro autor mexicano en gañar este premio que nace, no 2005, co obxectivo de recoñecer a aqueles autores que desenvolvesen con excelencia unha carreira literaria no ámbito do libro infantil e xuvenil en Iberoamérica
Malpica, un dos representantes máis sobresalientes da literatura infantil e xuvenil mexicana, nas súas obras constrúe personaxes entrañables, cos que resulta natural identificarse, ademais de que con mestría leva ao lector a outras épocas, con rigor, proximidade e sen contaminar o relato cun enfoque didáctico.
17 setembro 2015
IMOS Á ESCOLA
Agora que comezamos a tempada escolar, é importante non esquecer que, nalgúns lugares do mundo, a escola é un luxo para o que hai que tomar as rutas máis incribles e inimaxinables.
A próxima vez que nos queixemos por ter que coller o autobús, é posible que o debamos pensar dúas veces.
Aquí algún exemplo:
Gulu, China. Probablemente a escola máis remota do mundo, á que se chega despois de 5 horas de viaxe polas montañas.
En Zhang Jiawan Village, ao sur de China, os escolares soben escaleiras de madeira sen garantías.
En Zanskar, Himalaia indio.
En Lebak, Indonesia, cruzan unha ponte colgante danada.
Algúns voan por un cable a 400 metros sobre o río Negro de Río, Colombia.
En Beldanga, India, empregan una versión distinta do bus escolar, o tuktuk.
Nunha carreta tirada por un cabalo en Delhi, India
Estudantes cruzan o río nunha táboa en Indonesia
Perigoso camino polas montañas en Pili, China.
Na corda frouxa por enriba dun río en Padang, Sumatra, Indonesia
UN ANO MÁIS...
Aquí estamos de novo, coa mesma ilusión de hai 5 anos, para convidarvos a explorar o mundo real ou imaxianrio a través dos libros, o cine, a música, as revistas e xornais... e compartir o aprendido.
Recollemos así o lema elixido pola Consellería para o cartel de bibliotecas escolares: "Biblioteca escolar, base de exploracións".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)