17 de set. de 2015

UN ANO MÁIS...



Aquí estamos de novo, coa mesma ilusión de hai 5 anos, para convidarvos a explorar o mundo real ou imaxianrio a través dos libros, o cine, a música, as revistas e xornais... e compartir o aprendido.
Recollemos así o lema elixido pola Consellería para o cartel de bibliotecas escolares: "Biblioteca escolar, base de exploracións".
Ilustración de Fran Bueno
E recordamos, a biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, da que tamén forman parte, nais, pais, exalumnos, profesores e persoal non docente.
Agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario