08 febreiro 2016

O COLE NO ENTROIDO DA CAÑIZA

Este ano, por vez primeira, no entroido da Cañiza houbo unha representación do cole.
Elena, a profe PT, animou aos seus alumnos a participar e parece que o pasaron tan ben, tan ben, que están dispostos a repetir.
Aquí os temos.
O CPI NO DESFILE DO POBO, 2016 on PhotoPeach

ENTROIDO 2016

Como en todo entroido que se prece, os disfraces foron os protagonistas. Dos que se animaron a participar no desfile, tres foron os premidados pola creatividade, orixinalidade e elaboración propia.
Alumnado de todos os cursos de ESO dirixidos pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Elena.
A profesora de galego, Elvira, con alumnos de 1º B
Alumnos de 4º ESO
Nas presentacións que seguen podedes ver a outros alumnos e profesores que tamén participaron na festa.
ENTROIDO 2016 NO CPI DA CAÑIZA (I) on PhotoPeach  
ENTROIDO 2016 NO CPI DA CAÑIZA (II) on PhotoPeach

ENTROIDO 2016 - CONCURSO COCIÑA

19 sobremesas participaron no concurso que cada ano celebramos nesta data.
Houbo variedade: flores de entroido, filloas recheas, biscoitos, roscóns, tortas, galletas...




Nalgunha, as "cociñeiras" Ana Pérez Machado e Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A) buscaron a inspiración no libro Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, e así lograron un dos premios con estas elaboracións.
E ante tanto despliegue de talento culinario, aquí están as gañadoras:
Iria Alonso Rivera
Carla Gómez Troncoso (1º B)
Ana Pérez Machado
Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A)
Sara Portugués Fernández (4º B)

02 febreiro 2016

ENTROIDO 2016

A Coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística celebra o entroido 2016 cunha recopilación de recursos.

E no CPI da Cañiza, a nosa Maléfica particular, que habitualmente se agocha no laboratorio, sae para animar ao entroido con este "photocall" deseñado por Elena, a profesora PT co seu alumnado.
O fío condutor nestes días será o mundo do cómic e dos superheroes; se queredes ideas pasade pola exposición que se organiza na biblioteca.
Animádevos a participar.

01 febreiro 2016

TRABALLOS DO ALUMNADO POLA PAZ

MURAIS
Carmen, David, Luis Miguel, María e Sara (4º B)
 
Juan, Mª José, Verónica, Andrea e Natalia (4º B)

 
Alejandro, Adrián, Noemi Javier e Clara (4º B)
Uxía, Pedro, Ismael e José Antonio (4º B)

TRABALLOS DO ALUMNADO POLA PAZ

Xa temos algún resultado das actividades do noso caderno: "A paz, obxectivo para todo o ano".

Presentacións






22 xaneiro 2016

ESPECTÁCULO CÓSMICO



Un dos fenómenos máis impresionantes do universo poderase observar no ceo nunha ollada: a aliñación de 5 planetas do sistema solar.
Do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro as órbitas de Júpiter, Venus, Marte, Saturno e Mercurio colocaranse formando unha traxectoria elíptica, creando unha aliñación sen precedentes no ceo en compañía da lúa.
Para non confundir planetas con estrelas, os planetas veranse como puntos brillantes estáticos, mentres que as estrelas titilan.

18 xaneiro 2016

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO

A Xunta de Galicia fixa o 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.
Se neses días ides á biblioteca poderedes levar un marcapáxinas dun recoñecido ilustrador.
Pero ademais, propoñémosvos unha actividade:
Nesta ilustración de Victoria Assanelli podemos identificar moitos dos contos infantís que nos entretiveron cando pequenos.
Adiviña que contos se agochan, anótaos nun folio e entrégao na biblioteca ao longo do día no que se conmemora o labor destes artistas (xa sabes, só durante o 30 de xaneiro).

15 xaneiro 2016

FERVENZAS LITERARIAS OPINAN DO 2015

Os lectores da revista de literatura galega, Fervenzas Literarias, elixiron por noveno ano os mellores do 2015: mellores libros, autores, ilustradores, librarías, blogs...
Mellor en narrativa



Ledicia Costas, autora do ano

12 xaneiro 2016

NO ANIVERSARIO DE PERRAULT

Google homenaxea hoxe, no 388 aniversario do seu nacemento, a Charles Perraultcos Doodles que decoran a súa páxina.
Este escritor francés é principalmente coñecido polos seus contosQuen non lembra Carapuchiña Vermella, A Cincenta, O Gato con botas, Polgariño, Barba Azul...?
Aproveitando o día, aquí vemos unha versión diferente e moi creativa que, do conto da Carrapuchiña Vermella, fixo a autora Marjolaine Leray.

08 xaneiro 2016

100 PALABRAS PARA DESIGNAR A CHOIVA

 
En días como os que estamos pasando convén recordar que
os galegos temos máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.
Hai xa algúns anos, Elvira Fidalgo (catedrática de Filoloxía da Universidade de Santiago)  identificounas tras enquisas en máis dun cento de parroquias e localidades das catro provincias galegas, Asturias, León e Zamora.
Para resumir, aquí están algunhas:
  • Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
  • Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
  • Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
  • Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
  • Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
  • E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
  • Ás palabras propias para a choiva en galego, hai que engadir as expresións formadas cun elemento que indica gran cantidade, por exemplo “chover a caldeiros”, “chover a ballón”, “caer (a auga) a barullo”, “a cichón”, “a choupón”.