16 outubro 2017

CHEGAN OS PIRATAS Á CAÑIZA!

Desde a biblio de Infantil e Primaria, o profesorado colaborador da mesma organizou con motivo do mes da Biblioteca unhas xornadas motivadoras para todo o alumnado que terán lugar ao longo desta semana e nas que se informará sobre o funcionamento, normas, recursos dispoñibles... a través do xogo da busca do tesouro. 

CHORAMOS



PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2017


Javier Sierra e Cristina López Barrio son o gañador e a finalista, respectivamente, da 66ª edición deste galardón.
Javier Sierra, autor de éxito internacional, recibiu o premio mellor dotado das letras españolas, retribuído con 601.000 euros, por El Fuego invisible, unha obra na que desprega todo o seu talento co thriller histórico nunha trama que xira ao redor do Santo Graal.
A madrileña Cristina López Barrio foi a outra finalista con Niebla en Tánger, unha novela na que narra as aventuras dunha moza muda na busca dun misterioso descoñecido.

06 outubro 2017

NOBEL LITERATURA, 2017

 Resultado de imagen de NOBEL DE LITERATURA 2017
Kazuo Ishiguro, autor británico de orixe xaponesa, recibe o Premio Nobel de Literatura 2017.
Trátase dun dos autores máis interesantes da literatura anglosaxoa desde a súa primeira novela, Pálida luz en las colinas. Varias das súas novelas foron levadas ao cinema, como Nunca me abandones ou Lo que queda del día.
A obra de Ishiguro é pausada e serena, o seu gran dominio da linguaxe permitiulle viaxar desde escenarios clasicistas á ciencia ficción ou á fantasía. Versátil, si, pero sen deixar nunca de practicar un estilo no que os personaxes cobran gran importancia e que acaba sendo plenamente reconocible.

04 outubro 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2017

http://www.abc.es/media/cultura/2017/10/03/Antonio-Garcia-Teijeiro-U10107476060t6--620x349@abc.jpg
Antonio García Teijeiro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar ou mar, ilustrado por Xan López Domínguez. Un libro, segundo o xurado, cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas.
Antonio García Teijeiro, naceu en Vigo en 1952, e está considerado un dos poetas máis importantes de literatura infantil en lingua galega.
Entre a súa extensa bibliografía poética podemos atopar: Palabras do mar, Ventos, Lueiro de papel, Na fogueira dous versos, Os nosos versos.
En canto á narrativa, publicou títulos como En voz baixa, Honorato, o rato namorado, Verbas de sal e Recendos de aire sonoro.
 Poemar o mar

26 setembro 2017

TARDE DE TEATRO

Onte pola tarde, o Dpto de Extraescolares organizou unha xornada de teatro na casa da cultura. O alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de ver en escea Seis cubos negros en corpo branco de Aporía Escénica; obra sobre a represión feminina.




DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Moito por facer
Luís Davila para o Faro de Vigo, 27 setembro 2016

21 setembro 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

Cartel de Xosé Tomás
Este é o lema deste curso 2017-18 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Con el buscan unha biblioteca que nos aprenda a pensar a través da literatura, da divulgación, do cine, da música, dos club de lectura... dentro e fóra das aulas.

Nesta ocasión foi Xosé Tomás o creador que o interpreta.

11 setembro 2017

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística xa ten publicados os calendarios escolares para este curso.
Podemos descargar aquí o calendario anual ou os mensuais coas festas do noso Concello. Elixide o que vos conveña.

25 xullo 2017

CERVANTES CHICO, 2017

 Resultado de imagen de gonzalo moure libros
O 12 de xullo de 2017 reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico e acordou outorgar este galardón na súa XXI edición a Gonzalo Moure.
Gonzalo Moure naceu en Valencia en 1951. Destacan nel dúas grandes facetas: a literaria, cunha prestixiosa carreira no mundo da literatura xuvenil e infantil, e a solidaria, coa súa implicación en proxectos humanitarios,  especialmente a favor do pobo saharauí.
Estas vivencias servíronlle a miúdo no proceso creativo das súas historias, como El beso del Sahara, Musiki, El alimento de los dioses, Lili, Libertad , El síndrome Mozart e Nacho Chichones entre outras.