07 maio 2019

ÚLTIMAS SESIÓNS DO PLAN PROXECTA

Durante este pasado mes de abril os alumnos de 2º da ESO asistiron ás dúas últimas actividades formativas do Plan Proxecta, na categoría de "O mundo que queremos".
Unha das actividades foi unha visita internacional desde O Salvador protagonizada por membros do colectivo LGTBI que non só nos falaron da discriminación que sofren moitos homosexuais e transexuais neste país, senón tamén da violencia de xénero, abusos e marxinación, achegándonos a súa experiencia vital.
A outra actividade foi unha representación teatral "Non bula-lo bulo" da man da compañía "As 100tolas", que nos introduciu no Teatro dos Oprimidos e no Teatro Social, reflexionando sobre o papel que xogan as fake news na nosa realidade, e manipulación da información.
Agora xa só queda exhibir as nosas obras desde gran proxecto: curtametraxes e programas radiofónicos. Xa queda moi pouco!






25 abril 2019

DE PASEO POR MADRID

O alumnado de 3º e algúns de 4º andan, dende o mércores, á conquista da capital. O museo do Prado, o musical Billy Elliot, o parque de atraccións ou o Madrid dos Austrias serán algunha das posibilidades que aproveiten na cidade.
E xa podemos disfrutar con eles.












23 abril 2019

VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA

    A escritora María Canosa, 
 fixo posible unha das xornadas máis motivadoras  para
 o fomento da lectura, na que os nenos/as
 da Cañiza disfrutaron con moita ilusión.






                                         Os nenos/as prepararon unhas preguntas en forma de caixa máxica
                                         e María moi cercana quiso velas de cerca.

                                     Moi atenta cos nenos/as firmou un montón de autografos.







                                    MOITAS GRACIAS POLA TÚA VISITA!!!!!!!

22 abril 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

A piques de montar a exposición deste ano "A escola non sempre foi así", un adianto co marcapáxinas que deseñou o equipo de biblioteca.

07 abril 2019

AZUCRE, O DOCE VELENO

Os alumnos de 2º, de Hábitos Saudables, analizaron o azucre que esconden algúns dos produtos que máis consumimos.
Interesa deterse un pouco a comprobar como sobrepasamos, ás veces sen sabelo, as recomendacións da OMS.