14 novembro 2019

PREMIO CERVANTES, 2019

O poeta Joan  Margarit (Lleida, 81 anos) foi recoñecido este xoves co máis prestixioso galardón das letras en todo o ámbito do español, o premio Miguel de Cervantes.
Na acta do galardón, o xurado destaca que «a súa obra poética de fonda transcendencia e lúcida linguaxe sempre innovador enriqueceu tanto a lingua española como a lingua catalá, e representa a pluralidade da cultura peninsular nunha dimensión universal de gran mestría».
    

    


13 novembro 2019

PREMIO NACIONAL ILUSTRACIÓN, 2019

O valenciano Paco Giménez, de 65 anos, é o distinguido co Premio Nacional de Ilustración 2019, que fallou este mércores o Ministerio de Cultura e Deporte. 
De formación autodidacta, o ilustrador iniciou en 1974 o seu labor profesional como ilustrador e deseñador gráfico. Desde 1982 o seu traballo céntrase principalmente no sector infantil e xuvenil, coa elaboración de ilustracións para contos e novelas, así como materiais curriculares, xogos, cadernos didácticos, historietas, carteis ou exposicións.

O xurado distinguiu ao ilustrador "por manter a calidade e a frescura ao longo dunha traxectoria de máis de corenta anos cun estilo característico". Ademais, destaca "pola súa lealdade á liña e a xeometría asimilada dalgunhas das vangardas históricas das artes visuais, impulsando así a profesión e a ilustración infantil e xuvenil", sinala o comunicado.

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2019

El día 3 (Astiberri), do guionista Miguel Ángel Giner Bou e a debuxante Cristina Durán (Una posibilidad, Cuando no sabes qué decir), foi a obra galardoada co Premio Nacional de Cómic 2019, que otorga el Ministerio de Cultura.
Para a realización desta novela gráfica, os autores baseáronse nas investigacións de Laura Ballester, reflectidas no libro Luchando contra el olvido, el largo camino de las víctimas del metro de Valencia (2015).

VISITA MUSICAL

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron hoxe a Escola de Música moderna da Cañiza, para asistir a un concerto didáctico.
Unha vez alí, tamén colaboraron interpretando "Imagine", xunto cos profesores da escola.
Teremos entre nós á futura Rosalía




11 novembro 2019

MAGOSTO 2019

Castañas, xogos, música, baile e unha festa "holi" como remate e despedida.
Pinchade na foto para ver máis e, coma sempre, estarán nos ordenadores da biblioteca para quen as queira levar.
 

02 novembro 2019

PREMIO NACIONAL POESÍA, 2019

A galega Pilar Pallarés foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2019, por Tempo fósil, unha obra distinguida por transmitir “con profunda sabedoría e emoción” a experiencia da perda, segundo destacou o xurado.
Pilar Pallarés (Culleredo, A Coruña, 1957) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de literatura galega e colabora como articulista en diversos medios, como A  nossa  terra, O País ou Si scrive. En 1979 o seu primeiro libro publicado, Entre  lusco e fusco, gañou o premio Poesía  Nova  do Facho e en 1983 a súa seguinte obra, Sétima  soidade, gañou o Premio Esquío.
Posteriormente publicou, entre outros, os libros de poemas:  Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.

29 outubro 2019

O QUE ARDE

Os alumnos de 3º e 4º desprazáronse ata Vigo, aos Multicines Norte, para ver a película “O que Arde”, galardoada no festival de Cannes.
A idea era concienciar ao alumnado da riqueza do lugar onde viven tanto natural como lingüísticamente, pois foi a primeira vez que unha película en lingua galega gana o festival de Cannes.

28 outubro 2019

COMEZA O CLUB DE LECTURA

O alumnado do club de lectura de 3º e 4º comparte co alumnado do IES da Cañiza e o IES de Ribadavia unha actividade no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

25 outubro 2019

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2019

Cristina Morales foi galardoada este martes polo seu libro Lectura fácil, unha crítica ás institucións  paternalistas, a falsa integración da esquerda e o machismo en boca de catro mulleres con discapacidade intelectual.
É licenciada en Dereito e Ciencias Políticas. É autora do libro de contos A merenda das nenas (2008) e Os combatentes (2013), un libro sobre unha pequena asemblea de indignados. En 2015 publicou Malas palabras, unha novela sobre Santa Teresa de Jesús; e, en 2017, Terroristas modernos.
    

24 outubro 2019

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca, a iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Este año, o pregón é de Gemma Pasqual e leva por título "La sin cuento". O cartel foi realizado polo ilustrador Miguel Calatayud.

21 outubro 2019

VISITA DE ANXO FARIÑAS A NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!

Tivemos a visita de Anxo Fariñas, na nosa Biblioteca, 
e os máis pequenos descubriron o divertido que é o traballo 
de debuxante. 
Ademáis contoulle un conto cheo de maxia, do que  é autor ,
 despertando nos peques  a ilusión polos libros.

Moitas gracias pola visita,  Anxo
e gracias ao Concello por facer posible esta actividade.