04 abril 2020

CHEGAN MÁIS COUSIÑAS DENDE AS CASAS!



Celia, de 2ºB, quixo amosarnos a pancarta que colgou no seu balcón, na que pon "PASA PA CASA", para recordarlle ao resto da poboación a importancia de quedarse nos seus fogares.







Carla, de 1º de Primaria, envíanos un GIF. Que é un GIF? Unha imaxe en movemento. Aquí a temos, saudando á súa profe. Na mensaxe que acompañaba a esta imaxe, Carla di que bota moito de menos aos seus compañeiros e compañeiras e aos profes. Nós tamén vos botamos moito de menos!






Por último, o alumnado de 3º de Primaria está xa metido na Pascua. O profe de inglés propúxolles buscar algunha manualidade e facer uns ovos de Pascua aos que puideran. Aquí temos unha mostra. Por un lado, o de Izan Rodríguez, de 3ºB, e polo outro o de Daniela de 3ºA. Quedaron xeniais!!






MENSAXE PARA O ALUMNADO DE 5ºA

Bo día, rapazas e rapaces de 5ºA!

Tedes unha mensaxe de ánimo e felicitación da vosa profe, Sonia, que tamén se acorda de vós nestes momentos. Para escoitala, premede na imaxe.


03 abril 2020

MENSAXE DE ADRIÁN PARA TODOS E TODAS

Bo día, rapazas e rapaces!

Que tal estades? Todo ben? Esperamos que así sexa.

Hoxe temos unha mensaxe do director do CPI da Cañiza para todos e todas vós. Pinchade na imaxe para poder escoitala.



PRÉSTAMO TABLETAS SECUNDARIA

Neste período de alerta sanitaria, a biblioteca de Secundaria ofrece, en préstamo, 6 tabletas SPC con sistema operativo Android.
Os interesados deberán solicitala, dende hoxe día 3 ata o 12 de abril, no correo bibliocaniza@gmail.com
Entregaranse por orde de solicitude ata que se esgoten.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 11
Último desafío antes de marchar de vacacións. Colle a alguén da túa casa e practica este desafío en parella.

02 abril 2020

MENSAXE PARA 6ºA


Xiana, a titora de 6ºA, adícalles unhas palabras aos seus alumnos e alumnas, aínda que ben podemos todos e todas aprender delas. Para escoitar a Xiana, pinchade na imaxe.



MÁIS NOTICIAS DENDE AS CASAS.

Alégranos moito saber de vós, que nos amosedes que estades ben e que vos acordedes dos vosos compañeiros e compañeiras, así coma de todo o profesorado.

Por exemplo, Lois de 4ºB, mándonos imaxes sobre as diferentes maneiras nas que pasa o tempo nestes días, e un vídeo de ánimo para todos e todas. Moitas grazas, Lois!















Temos novas tamén de Rubén, de 3ºA, que fixo coa súa familia este mural. Moi chulo, Rubén!





E, por último pero non menos importante, os irmáns Lola (4º de Infantil A) e Mateo (6º de Infantil A) cántannos unha canción e mándannos unha mensaxe. A que lles quedou moi bonito?







RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 10
Realiza esta córeo con altura, grávate e envíanola.


01 abril 2020

RECOMENDACIÓNS


TURNO DAS PROFES DE 5 ANOS



As profes Diana e Carmen, de 6º de Infantil, fixeron este vídeo para os seus alumnos e alumnas porque os botan moito de menos e queren volver a velos pronto. Esperemos que vos guste!



 

ANIMANDO DENDE AS CASAS.

Hoxe temos varias imaxes que compartir con todos e todas, ademais dun vídeo moi chulo!

Comezamos con dous alumnos e unha alumna do CPI da Cañiza: Iago, de 5º de Infantil B, que nos manda unha foto para darnos ánimos, e Miguel, de 1º da ESO, facendo as súas tarefas coa supervisión de Eva. Na outra foto vemos a Daniela, de 6º de Infantil B, cunha pancarta que fixo para concienciarnos dunha cousa que se está a dicir moitísimo estes días: QUEDA NA CASA!


















Eva e Ana Belén están a traballar estes días para axudar a aquelas persoas que o precisen, e demóstrannolo nesta foto no Centro de Saúde. Moitas grazas pola vosa axuda!!







Chegounos tamén este xenial vídeo de dous irmáns do cole. Aarón (3ºA) e Sara (6ºA), coa súa familia, ensínannos como pasan os días nestes momentos. Quedouvos xenial! 







RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 9
Desafío da vasoira: practica o desafío, grávate e envía o vídeo ao correo do cole.