Outro "escape" para os máis peques do cole, máis curto e sinxelo... tamén de Alba Carril Casanova (CPI de Vedra)
09 maio 2020
LETRAS GALEGAS, 2020
Dúas profes, Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa), elaboraron este "Escape Room", para festexar o día das letras galegas. E convídanos a compartilo.
A ver se vos gusta!
08 maio 2020
VÍDEO DO ALUMNADO DA AULA ESPECÍFICA
Bo día, rapaces e rapazas. Que tal estades?
Deixámosvos un vídeo do alumnado da aula específica do cole, para que vexades que tal están a pasar estes días e os artistas que están feitos. A ver se nos mandan as receitas esas que están a cociñar, que teñen unha pintaza...
Unha aperta, chicos e chicas!
Deixámosvos un vídeo do alumnado da aula específica do cole, para que vexades que tal están a pasar estes días e os artistas que están feitos. A ver se nos mandan as receitas esas que están a cociñar, que teñen unha pintaza...
Unha aperta, chicos e chicas!
07 maio 2020
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA NO CPI A CAÑIZA
O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e das titoras de 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convocou o I concurso de fotografía matemática.
Nesta primeira edición propúxoselle ao alumnado da ESO e de 6º de Primaria que puxeran en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.
Os gañadores foron os seguintes:
Aspiral lesmática - Diego 3ºC (1º posto)
A parábola da costa - Claudia 3ºC (2º posto)
Xeopraga - Lucía 1ºC (3º posto)
Simetría natural - Sara 6ºA (1º posto)
Farase a entrega dos seus respectivos premios cando comecemos o próximo curso académico 2020-2021.
Outros participantes aquí.
Noraboa a tod@s!!
RETOS PARA UNHA VIDA SA
RETO 27
Hoxe traemos unha actividade que combina as manualidades e a destreza.
06 maio 2020
05 maio 2020
LETRAS GALEGAS, 2020
Ricardo Carballo Calero foi o autor elixido pola Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras 2020.
E aínda que a celebración se apraza a outubro, polo coronavirus, neste confinamento hai moitas maneras de achegarse a el, aquí só algunhas:
- Primavera das Letras.
- O portal da lingua galega.
- Seminario Galán.
- Carballo Calero 2020.
- Especial do Consello da cultura.
- Autodefinido de Aulas Galegas.
- Telexornal sobre Carvalho Calero (Día das Letras Galegas 2020) realizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices.
RETOS PARA UNHA VIDA SA
RETO 25
Hoxe podes ver como estirar ben os músculos do corpo. Se onte fixeches o tabata seguro que agradeces este vídeo.
Hoxe podes ver como estirar ben os músculos do corpo. Se onte fixeches o tabata seguro que agradeces este vídeo.
04 maio 2020
02 maio 2020
VÍDEO SORRISOS VIRUS EDUCACIÓN INFANTIL
Queridos nenos/as de Educación Infantil. Os vosos profes/as estamos moi orgullosos de todos vós. con moito cariño aquí tedes esta SORPRESIÑA!!!!! En forma de mascarillas cheas de esperanza e SORRISOS para atacar ao Coronavirus.
Premede na imaxe para ver o vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






