12 setembro 2024

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

E aínda que non rematamos o 23-24, xa podedes descargar os calendarios escolares do 24-25, o anual ou os mensuais, coas festas do noso Concello.

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2024

Josep Montserrat Morais, Pep Montserrat, foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración 2024 pola súa mestría técnica, a súa versatilidade e apertura cara a diversos campos da ilustración gráfica que lle fixeron un “referente indiscutible para numerosos profesionais”, segundo indicou o xurado.


Pep Montserrat (Monistrol de Montserrat, Barcelona, 1966) desenvolve a súa carreira tanto en España como a nivel internacional e combina o labor artístico coa docencia. Foi recoñecido tamén en 1995 polo Ministerio de Cultura cun galardón ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís. Tamén ten no seu haber o premio Catalónia en 1997 e o premio Junceda de Ilustración en dúas ocasións, en 2004 e 2008.


29 xuño 2024

ATA SETEMBRO

 

Por fin de vacacións; xa as necesitabamos. Toca agora relaxarnos e descansar para volver con máis gana.

Pasádeo ben que, en breve, estaremos de volta!!!

22 xuño 2024

FESTIVAL E GRADUACIÓN 2024

E así pechamos o curso.
Foi unha xornada intensa, sobre todo para os de 4º que se despedían felices. Ademais do festival de música e os bailes, a cerimonia de graduación encheu a xornada e ata houbo bágoas.
Botarannos de menos?

PICADE NA FOTO PARA ENTRAR NA GALERÍA

20 xuño 2024

GRADUACIÓN 2023-2024

Elena e Ángel xa teñen o escenario preparado. E seguro que Ruta tamén afinou o violín. 💜💜💜
Haberá que ir de etiqueta???? 

VIVE LA FRANCE

C'est ainsi que nous avons terminé le cours de français avec Isabelle.
DÉLICIEUX!!!

ORATORIA, 3º ESO

Traballo final de Oratoria: acción poética sobre Luisa Villalta (3º ESO)
 

19 xuño 2024

IOGA

Hoxe puideron, os alumnos e algún profesor, iniciarse no ioga. E en inglés!!!! Impartida por José Luis, o profe de inglés do IES.
Quen non quere relaxarse nesta semana final tan estresante?
Picade na imaxe para ver máis.

17 xuño 2024

ECOPERCUSIÓN

Hoxe, o alumnado de 1º participou nun taller de percusión "Ecopercusión", co profesor Eduardo. E o realmente novidoso foi experimentar con materiais reciclados: cubos de pintura, bidóns, tixolas...

Galería

15 xuño 2024

PREMIOS AOS USUARIOS MÁIS ACTIVOS

Como xa pechamos o programa de préstamos, podemos saber xa que lectores foron os máis activos e aquí os tedes.
Sophia (1º A) e Valentina (3º A) recibirán un agasallo.

VISITA IES O RIBEIRO

A nosa exalumna Idaira, agora alumna do IES O Ribeiro, visitounos para falar, co alumnado de 4º, do  bacharelato de artes que cursa en Ribadavia. Animaranse os nosos?