07 abril 2025

CHARLAS CULTURAIS EN INGLÉS

Hoxe, día 7 de abril, o irlandés Johnny Flynn (da editorial Burlington Books) achegouse á Cañiza para dar dúas charlas culturais. 

Mentres a rapazada de 2 da ESO aprendeu sobre diferentes aspectos do Reino Unido, a de 1 da ESO fixo o propio sobre os Estados Unidos. 

Dun xeito ameno, o relator fixo varias preguntas e repartiu algún premio!! 

Esperamos ver a Johnny o ano próximo!

DESPEDIDA TRIMESTRE

SUSPENDIDA POLA CLIMATOLOXÍA

01 abril 2025

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Visitamos coas titorías a aula específica do centro; ao concienciar, construiremos un mundo máis inclusivo. Galería

Para saber máis:
  • Olga Lalín e Seso Durán, pais de Manuel, un pequeno de seis anos que ten autismo, publican un vídeo para darlle visibilidade a este trastorno. Piden, ademais, a súa difusión. Aquí o tedes.

25 marzo 2025

PRIMAVERA DAS LETRAS, 2025

Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo). Trátase dunha obra de Paula Carballeira dirixida ao público máis novo, co gallo do Día das Letras Galegas, que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral.
Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora.

DÍA DAS ARTES GALEGAS, 2025

17 marzo 2025

CASTELAO

O alumnado de 4ºESO A púxose creativo e, coa obra “Cousas da vida” servindo de modelo, realizaron nove láminas ao máis puro estilo Castelao.
Nelas, tentando manter a crítica social e ironía que caracterizaban ao autor, centráronse en tres grandes temas: políticos, vellos e mulleres.
Achegádevos a velas para ver se o conseguiron!

11 marzo 2025

DÍA DO NÚMERO PI

Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
E a celebración do IES MUGARDOS neste día

06 marzo 2025

8M, 2025

Coa nosa camiseta, personalizada coa creación de Elisabeth Alonso Alonso, de 3ºA, celebraremos o día.