10 maio 2025

CLUB LECTURA, 2025

Os de Muchachada Lectora sacan á venda os productos deseñados por Polos Creativos e así abaratar a excursión final.
Animádesvos a colaborar?




VISITA IES O RIEIRO

Profesoras do ciclo formativo de Industrias Alimentarias, charlaron co noso alumnado de 4º, sobre que se aprende a facer no ciclo, en que ámbitos se traballa ou que ocupacións se desempeñan.

08 maio 2025

LETRAS GALEGAS, 2025

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral.

Conxuntamente, Dinamización Lingüística e Biblioteca ofrecen algunhas maneiras de achegarse á súa figura:
Pandeireteiras de Mens (Malpica)
Capítulo 1   -   Capítulo 2   -   Capítulo 3

CELANOVA, 2025

Cos Dptos de Música e Lingua Galega, o alumnado de 4º visitou hoxe Celanova, para asistir a un concerto didáctico de órgano. visitar o mosteiro de San Miguel, a biblioteca do IES, a casa dos poetas e Vilanova dos Infantes.
Visita completa, onde recitaron e ata cantaron. Entrade e mirade.

14 abril 2025

CANTARES DE PRIMAVERA, 2025

Non puidemos despedir o trimestre coas actividades deportivas (cancelamos polas previsións meteorolóxicas, que ao final non se cumpriron), pero si co concerto de primavera que Ruta (profesora de música) organiza co coro e con alumnos de 2º.

Houbo canto, pero tamén baile. Entrade na galería.