20 marzo 2012
16 marzo 2012
08 marzo 2012
SEMANA DA PRENSA, DO 12 AO 16 DE MARZO
Máis recursos AQUÍ...
Do 12 ao 16 de marzo celebraremos a Semana da Prensa. Achégate á Biblioteca de Secundaria e poderás ver e ler distintos tipos de publicacións:
LUNS 12: PRENSA DEPORTIVA
MARTES 13: PRENSA XERAL
MÉRCORES 14: DIVULGACIÓN
XOVES 15: OCIO E TEMPO LIBRE
VENRES 16: OCIO E TEMPO LIBRE
TODOS OS DÍAS: PRENSA DIXITAL E EXPOSICIÓN PRENSA INTERNACIONAL
07 marzo 2012
03 marzo 2012
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do CPI da Cañiza unímonos, como non pode ser doutro xeito, á celebración dese día.
Ademais dalgunha actividade ao longo da semana, poñemos á vosa disposición unha serie de libros recomendados por niveis e enlaces a diferentes páxinas web, onde atoparedes recursos para conmemorar o día.
Para ver máis, AQUÍ...
02 marzo 2012
16 febreiro 2012
12 febreiro 2012
BUILD-A-BODY; CORPO HUMANO INTERACTIVO
Aínda que en inglés, Spongelab preséntanos esta incrible actividade, chamada “Build A Body”, recentemente premiada pola National Science Foundation.
O obxectivo: construír un corpo humano na súa totalidade, sistema por sistema, ordenando unha a unha todas as súas partes e órganos.
A aplicación conta con distintas pestanas dos diferentes aparatos e sistemas do corpo humano: respiratorio, dixestivo, circulatorio... Unha vez seleccionado, unicamente debemos arrastrar os diferentes elementos á súa ubicación correcta; emítese un sinal sonoro no caso de que non atinemos a colocalos correctamente.
Ademais, nas ferramentas, hai unha pestana chamada “case study” na que podemos investigar certas patoloxías: que lles pasa aos celíacos, que ocorre na intolerancia á lactosa...
![]() |
| Para acceder, AQUÍ |
QUE FAN OS LIBROS CANDO SE SENTEN SÓS?
Este vídeo chéganos desde Toronto, da man de Sean Ohlenkamp e a súa muller. Dúas persoas apasionadas polos libros que decidieron mostrar que a animación, a organización e os libros non están rifados.
08 febreiro 2012
1º da ESO recita poemas
O alumnado de 1º da ESO do CPI da Cañiza realizou durante o mes de xaneiro un particular recital de poesía nas aulas de Lingua Galega. As composicións pertencían ao libro Petando nas portas de Dylan, de Antonio García Teijeiro, e como exemplo escollemos dous poemas marcados pola denuncia da guerra, da violencia e da perda da infancia dos nenos soldados. Indicados para o Día da Paz.
As voces que se escoitan son a de Gabriela Puga e Lucas de Oliveira, ambos os dous de 1ºESO-B.
As voces que se escoitan son a de Gabriela Puga e Lucas de Oliveira, ambos os dous de 1ºESO-B.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










