A exposición "Persoas e inventos que cambiaron o mundo" foi realizada polo alumnado de 4º da ESO, dirixido polos Departamentos de Tecnoloxía, Ciencias e Matemáticas.
Unha elección controvertida, malia o seu traballo en campos como a historia ou a antropoloxía, debido á relación mantida coas institucións da dictadura franquista.
De calquera xeito, para coñecer o autor seleccionamos, xunto con Dinamización Lingüística, a seguinte compilación de recursos que nos ofrece a rede:
As exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos do autor. Contan coas guías respectivas, para Primaria e para Secundaria.
Presentación en vídeo realizada polo Seminario Galán con instantáneas da biografía de Xosé Filgueira Valverde cedidas pola Real Academia Galega e a Fundación Filgueira Valverde.
Unha liña de tempo realizada polo IES Sampaio de Tui.
Presentamos Voz Populi, o xornal dixital co que un equipo de alumnos, capitaneados por Xabier de Lingua Galega, participamos na XIV edición do programa El País de los Estudiantes.
Trátase da nosa primeira experiencia xornalística e, nestes momentos, o xurado está valorando todas as publicacións para seleccionar aos finalistas.
O venres 24 de abril, como actividade de remate da nosa participación na modalidade 3 do programa "Voluntariado de lectura - A", os alumnos participantes, rapaces e rapazas de sexto de primaria, representaron, na residencia da terceira idade "Santa Teresa" da Cañiza, a obra "Mais alá dos contos" adaptada e traducida da obra orixinal de Nicasi Camps i Pinós.
A obra foi representada en dous actos e no intermedio os alumnos cantaron a canción "Ho Hey" do grupo The Lumineers. Ao remate, rapaces mestres e ancianos acabaron bailando nun animado fin de festa no que os ancianos foron agasallados polos rapaces cun pequeno obsequio e os rapaces tamén recibiron un obsequio de parte da residencia.
O proceso foi coordinado pola encargada da biblioteca de infantil e primaria Nieves Torres Calvo. Os ensaios foron dirixidos polos mestres Nieves Torres Calvo, Soraya
García Oroña, Eva
Mª López García, Francisco
Javier Souto Lamas e Iria Bordas Vidal.
A Canción "Ho Hey" foi preparada por Ana Mª Rodríguez-Hermida Montes, mestra de Música e Francisco Javier Souto Lamas, de Inglés.
A dirección artística correu a cargo de Javier López Muñoz, mestre titor de 3º curso.
Queremos agradecer aos traballadores da residencia a súa dispoñibilidade, colaboración e amabilidade.
Non queríamos que rematara o mes dos libros sen facer mención ao alumnado que está a colaborar coa biblioteca do cole, son 15 alumnos de 6º que un ou dous días á semana renuncian voluntariamente ao seu recreo para vir axudar aos compañeiros e aos mestres.
Como vemos nas fotos, colaboran no servizo de préstamo, na búsqueda de libros, na organización, e colocación, e tamén informan e aconsellan aos mais pequenos sobre o funcionamento da biblioteca e a selección de libros mais axeitados para eles.
Son nenos altamente motivados na preparación das
actividades que realizan e son eles mesmos os que se coordinan e aportan ideas
para a mellora da biblioteca, como por exemplo na elaboración de carteis
expositivos para as distintas conmemoración ou actividades referidas a lectura.
A solidariedade co outro e o compromiso cas
persoas do nosos entorno son valores moi importantes a desenvolver na nosa
sociedade.
A través de esta iniciativa apréciase de forma lúdica e
motivadora a importancia da boa convivencia, o repeto ás persoas do entorno e a capacidade de axudar, compartir e ser responsable.
Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado, polas Bibliotecas Escolares de Galicia, co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos clubs dos centros de ensino.
Establécese así o premio que, cada ano, se outorgará ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os lectores e lectoras participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.
A crúa realidade indica que as actividades de ocio preferidas polos menores non lles requiren demasiado movemento (videoxogos, películas, televisión, ordenador...).
Por isto, os expertos recomendan inverter esta tendencia seguindo as recomendacións da pirámide, na que se reflicte que actividades son as máis axeitadas e con que frecuencia é conveniente levalas a cabo.
O alumnado de 6° de primaria representará o luns 20 de abril ás 10 e media na residencia Santa Teresa da terceira edade da Cañiza a obra de teatro "Mais alá dos contos"
Pinocho non se quere convertir nun neno de verdade. Blancaneves reivindica o seu amor polos mineiros (que non ananos) e pasa do príncipe. O príncipe da Bela durminte está farto dunha muller de hai cen anos. A leiteira, Barba azul... ninguén está satisfeito co seu destino.
¡Fantasía e Texto non dan feito para atender as queixas dos protagonistas!
¿Que está a pasar no mundo dos contos?
Este é o argumento da obra de teatro de Nicasi Camps i Pinós que escollemos como actividade para participar na convocatoria VOLUNTARIADO DE LECTURA A, modalidade 3 (fora do centro) integrada no programa HORA DE LER, Para fomento da lectura nos centros de ensino.