10 xullo 2020

PREMIO CERVANTES CHICO, 2020

O pasado 6 de xullo o Xurado do Premio Cervantes Chico 2020 acordou outorgar o premio, na súa XXIV edición, a  Care Santos, “motivado pola súa ampla e exitosa traxectoria literaria no mundo infantil e xuvenil.
A súa obra destaca pola orixinalidade das súas temáticas, o tratamento dos personaxes e a coidada arquitectura na estrutura dos seus relatos.  Care Santos é ademais un referente no panorama literario xuvenil, ocupándose de fomentar e tamén recuperar lectores. Imparte talleres literarios e destaca o seu impresionante e incansable labor do fomento da lectura a través dun estreito contacto cos mozos a través de talleres e encontros literarios.

02 xullo 2020

SETEMBRO 2020

Os alumnos con materias suspensas terán que presentarse aos exames extraordinarios de setembro.
Se, chegado o momento, non se puidesen facer esas probas de maneira presencial, avaliarase con actividades que haberá que entregar o día do exame.
Esas actividades co plan de traballo deseñado para setembro poderanse atopar no Drive que xa empregabamos durante o período de confinamento.
Para as dúbidas contactade directamente cos profesores da materia, os correos seguen a estar na web do cole.
E ante calquera incidencia permanecede atentos ás comunicacións que aparecerán na web ou neste mesmo blog.
Bo verán a todos.


CALENDARIO SETEMBRO

19 xuño 2020

DESPEDIDA 2019-2020

Foi un ano longo que non imos esquecer por todo o que supuxo de novidade, de desafío, de solucións exprés...  que esperamos nos teñan ensinado algo a todos.
E se o curso foi atípico, o peche non vai ser menos. Non teremos cerimonias de despedida, pero tampouco vos queremos deixar marchar sen máis, porque sodes a nosa promoción COVID.
Aquí o nosa recordo con moito afecto.

E moita sorte para todos no futuro.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 57
E para despedirnos... propoñemos que aprendas un pouco de taekwondo da man dun deportista profesional 😍
Pasa un bo verán e realiza actividade física (o FIFA non conta 😜)

16 xuño 2020

MÚSICA DENDE A CASA

Os alumnos de música non descansan. Aquí as últimas creacións.


A BIBLIOTECA DESPIDE Ó ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

MOITAS GRACIAS ÓS NOSOS COLABORADORES/AS DE 6º, POLO TRABALLO BEN FEITO, SEMPRE DISPOSTOS A AXUDAR. 


GRACIAS A TOD@ O ALUMNAD@ DE 6º POR COMPARTIR CON NÓS TANTOS MOMENTOS CHEOS DE ILUSIÓN NA NOSA BIBLIOTECA.

RECORDADE QUE NON É UN ADEUS, 
SEMPRE ESTAREDES 
NOS NOSOS CORAZÓNS.



RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 54
Cantos retos es capaz de realizar?