26 febreiro 2022

ENTROIDO 2022

E, por fin, xa puidemos gozar do excelente traballo de Extraescolares, Educación Física, Música e Plástica, coa colaboración de todos os demais.
Non contamos coa capitana, Elena, á que botamos moito de menos (sabemos que ela a nós aínda máis); pero coa organización "en diferido" da nosa mestra de cerimonias, vivimos o día sen sobresaltos.
Sabemos que ela intentou chegar, pero a montura non axudaba.

Nesta montaxe, que preparou, resumimos a xornada.

Se queredes ver máis, picade nas imaxes e ligazóns para entrar nas respectivas galerías:
  • A da decoración, na que merece unha mención especial o magnífico "Museo da máscara en miniatura" feito por Tania co seu alumnado de Plástica. 
  • As fotos.
Os foraxidos primeiro, que non os hai que perder de vista.
Houbo, ademais, tres premios aos mellores disfraces e estes foron os gañadores:


25 febreiro 2022

PREPARÁNDONOS

 Unha sorte contar cunha impresora 3D. Xa temos estrela de sherif para o entroido.

E non foi a única produción; houbo figuras xeométricas, notas musicais, construcións...

24 febreiro 2022

23 febreiro 2022

RAP E IGUALDADE

Ao longo de seis sesións de traballo, o alumnado de 3º utilizou o rap para concienciar sobre a igualdade. Neste taller foron asesorados por especialistas en produción musical e en igualdade de xénero.
O taller estivo organizado polo concello da Cañiza  e o Departamento de Música, dentro das  actividades do proxecto "VIOLETAS", proxecto para promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Pica na foto para ver a galería.








GAÑADORES CONCURSO CALIGRAMAS

NURIA RGUEZ SOALLEIRO, 4C

ALBA RAÑA RGUEZ, 4A

21 febreiro 2022

DÍA DE ROSALÍA EN ITI

Tamén o alumnado de 2º A, de ITI, se lanzou aos caligramas; aínda que non todos coa mesma fortuna.

Hecho con Padlet

19 febreiro 2022

DÍA DE ROSALÍA

Coa colaboración de Dinamización Lingüística, Extraescolares, Programa "Donas de si", Biblioteca e Departamento de Lingua Galega, elaboramos esta montaxe na que lle poñemos voz a un breve poema de Rosalía empregando as linguas que conviven no cole.
A edición foi cousa de dous exalumnos, Rives e Darío. Grazas polo voso traballo.

18 febreiro 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O 11F, profesores e alumnos do CPI, capitaneados por Clemen (Tecnoloxía) e Tere (Lingua Castelá), recordaron na radio a vida de mulleres científicas que fixeron a nosa vida máis doada.
Aquí podemos escoitar a montaxe final.
En breve presentaremos un cuestionario e un concurso sobre o programa. Ata haberá agasallos.

DÍA DE ROSALÍA

En música tamén celebran o día con esta interpretación de Negra sombra.

CONCURSO DE CALIGRAMAS, DÍA ROSALÍA

16 febreiro 2022

ENTROIDO

A voltas co entroido, xa podemos ver algunha pista sobre o tema elixido polos profes. Pica na imaxe para ver a galería.