15 de xan. de 2015

O GRAN SEGREDO

O equipo da Biblioteca continúa cunha antiga actividade. Para os que a descoñezan, consiste en adiviñar algo partindo dunha serie de pistas que ofrecemos.
Cando teñas a resposta entrégaa na biblioteca. 
O gañador recibirá un pequeno agasallo.
ANÍMATE E PARTICIPA. LER PAGA A PENA
1ª fase (segunda quincena de xaneiro)

Neste Gran Segredo haberá que adiviñar:
  • O nome dun xogo.
  • O título dun libro, e o seu autor. (No libro, o xogo ten un papel relevante).
Estas son as primeiras pistas das que disporás:
  1. No libro xógase unha partida na que as pezas son personaxes: flores (margaridas, lirios,...), algúns animais (ra, corvo, león, morsa, ostra,...), a protagonista do libro e algúns membros da realeza.
  2. Á súa vez, a partida ten lugar en todo o “Mundo Real”, que se divide en rexións delimitadas por regatos e liñas de ferrocarril e equivalen ás casiñas do  xogo tradicional.
  3. Ten en conta que “Mundo Real” aparece entre comiñas porque só é real na mente da protagonista, una gran soñadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario