xoves, 24 de maio de 2018

VENRES 25, CORTEX E VIRUS

Hoxe rematamos con dous en lugar dun. Ruta presenta Cortex e Elena Virus.
Con  Cortex  Challenge poñerás a proba as túas habilidades visuais, a túa axilidade mental, a túa capacidade..., para ser o primeiro en completar o teu quebracabezas-cerebro. Gozarás de 8 tipos de probas diferentes: memoria, labirintos, cor, coordinación, repetición, frecuencia, razoamento e probas táctiles.
Serás capaz de vencer nesta dura proba?
Con Virus terás que construír un corpo humano mentres evitas que os rivais infecten, destrúan ou rouben os teus órganos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario