24 de abr. de 2020

SEGUIMOS A RECIBIR COUSAS DENDE AS CASAS!!

Bo día, chicas e chicos. Como estades?


Seguimos recollendo actividades e traballos que nos mandades dende as vosas casas.


Estes días tivemos un aniversario. A Iria, de 4º de Primaria, tocoulle celebrar un cumple diferente este ano, pero seguro que o pasou xenial igualmente. Parabéns, Iria! Gardámosche o tirón de orellas para cando volvamos ao cole! 




Vouvos a ensinar un vídeo moi chulo que nos manda Lucía, de 5º de Primaria, e que fixo con súa nai. Unha pasada! Noraboa por ese traballo!





E, seguindo cos vídeos, Lois, de 4º de Primaria, mándonos un no que o podemos ver xogando ao fútbol co seu can, Freddie. A ver quen gaña!!




Por último, unha imaxe de Izan, de 3º de Primaria B, co seu debuxo dun arco da vella e as mensaxes destes días. Moitas grazas, Izan! 
 



1 comentario:

  1. Son Isma S. De 5b
    Pareceume moi divertido o teu video Lucia. E moitas felicidades Iria.

    ResponderEliminar