12 de feb. de 2021

DÍA DE ROSALÍA, CONCURSO DE CALIGRAMAS

Dinamización Lingüística organiza para o día de Rosalía este concurso.
  • Poderá participar todo o alumnado de ESO.
  • Os participantes presentarán o caligrama nunha cartolina tamaño DIN A-4.
  • Para realizalo, utilizaran poemas escritos pola ilustre escritora. En todo caso, nos traballos, constará o título do poema pintado e pola parte de atrás da cartolina, o seu nome, apelidos e curso do alumno/a.
  • Valorarase a calidade, a orixinalidade e o contido do traballo.
  • O caligrama entregarase a profesora de Bioloxía (Irene).
  • O prazo de admisión será ata o Martes 16 DE FEBREIRO DE 2021.
  • Haberá un único gañador/a, que se dará a coñecer o 24 de febreiro.
  • O xurado que cualificará estes traballos estará formado por profesores e profesoras do centro e o seu fallo será inapelable.
  • O caligrama premiado poderá ser usado para posteriores publicacións.
  • O feito de concursar implica a aceptación destas bases, polo cal, o incumprimento das mesmas poderá facer que o caligrama sexa eliminado do concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario