En xullo reuníase o Xurado e acordaba outorgarllo á escritora Mar Benegas “pola súa exitosa traxectoria no mundo da literatura infantil e xuvenil e por cultivar con excelencia o xénero da poesía”.
A escritora e poeta dedícase, ademais, á animación á creatividade e á lectura en escolas, bibliotecas e centros culturais. Ten entre as súas publicacións "Historias amorosas de mamás y sus bebés" que, mediante rimas, mostran historias de animais para fomentar a tenrura nos nenos. Tamén conta cunha colección de contos musicais publicados, "La cereza", dirixidos a nenos de 0 a 5 anos que combinan música, lectura e ilustracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario