Paco Xordo foi galardoado co Premio Nacional de Cómic, pola súa obra ‘El pacto’; na que, segundo o xurado, destaca un guión orixinal e trepidante que supón unha auténtica homenaxe ao cómic español.
Francisco Sordo Artaraz é historietista, deseñador gráfico, animador e ilustrador. Traballou para Nickelodeon, Ogilvy, Rovio, ING Direct, Vodafone ou Movistar como animador e deseñador.
No campo da historieta é coñecido pola súa serie Internet, modo de emprego publicada entre 2010 e 2014 na revista ‘El Jueves’ e as súas colaboracións para a revista dixital ‘Orgullo y satisfacción’ coa serie Tebeos Basura.
Traballa ademais ilustrando cómics e libros infantís tanto en España como no mercado francófono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario