Pechamos unha semana intensa:
- Realizamos un mural cos desastres da guerra. Dun canón, deseñado en Plástica polo alumnado de Ángel (grazas por responder SEMPRE ás nosas peticións), saen as imaxes recollidas polo alumnado de 2º a 4º.
- Respectando a temática deste ano, "a volta ao mundo", deseñamos un mural coa palabra paz nas distintas linguas. Foi realizado polo alumnado de 1º coa axuda das titoras e a imprescindible colaboración de Dimas, profesor de Xeografía.
- Participamos na carreira solidaria que conleva, ademais, a recollida de alimentos no centro.
- Organizamos, para o alumnado de 3º, un encontro co escritor, tradutor, xornalista de viaxes, profesor (actualmente no IES nº 1 do Carballiño) e actor de telenovelas, Moncho Iglesias Míguez. Deleitounos cunha exposición literaria sobre Palestina, coa súa situación terrible, pero tamén sobre a súa cultura, poesía e costumes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario