Que farías se, de repente, unha serie de catástrofes naturais botan abaixo o mundo tal e como o coñecemos?Marco e mais a súa familia afrontarán unha fugaz fuxida, cara ás montañas do Courel, na procura de acubillo. Esta carreira conduciraos a un lugar completamente insospeitable. O novo escenario que se abre ante eles amosaralles unha realidade diametralmente distinta á que coñecen, e fará que se enfronten a misterios que, ata agora, agardaban ocultos nas profundidades...
Temos a sorte de contar co seu autor, Guillelme Denís Castillo, como compañeiro. Pedide o libro na biblio, estavos agardando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario