13 outubro 2026

PREMIO PLANETA, 2026

O Premio Planeta de Novela 2026, que celebra o seu 75 aniversario, recoñeceu o talento de dous autores con traxectorias e estilos moi diferentes: Isabel Allende, unha das escritoras máis recoñecidas da literatura en español, e Sergio Hernández Carrasco, unha nova voz que combina literatura, historia e narrativa gráfica.

Isabel Allende, autora de nacionalidade chilena, é unha das escritoras máis lidas da literatura contemporánea. A súa obra destaca pola forza dos personaxes femininos, a memoria familiar, o amor, a identidade e a historia de América Latina.

Acadou sona internacional coa súa primeira novela, La casa de los espíritus (1982), á que seguiron títulos tan coñecidos como De amor y de sombra, Eva Luna, Paula, Hija de la fortuna e Largo pétalo de mar.

Coa novela La hora antes del alba, gañadora do Premio Planeta 2026, regresa ao universo de La casa de los espíritus para recuperar a historia de Alba Trueba e afondar nas feridas da ditadura, na memoria e na capacidade de reconstruír a propia vida.



O valenciano Sergio Hernández Carrasco, aé escritor, filólogo hispánico e guionista audiovisual. A súa traxectoria abrangue a narrativa, a poesía, a literatura infantil e xuvenil, o cómic e a novela gráfica.

Entre as súas publicacións figuran La última canción de primavera (2019), Backhome (2020), El diari de Laia (2021) e Hysteria (2023).

A súa novela La añoranza, finalista do Premio Planeta 2026, parte da Barcelona de 1959 para construír unha historia de amor, misterio e memoria histórica. A investigación que impulsa o relato conduce ata o exilio de Antonio Machado e os silencios da España franquista. A súa obra reivindica o valor da literatura para recuperar episodios do pasado e comprender mellor a nosa historia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario