26 xuño 2026

CALENDARIO ESCOLAR, 2026-2027

Adiantámonos ao próximo curso. Xa podedes descargar os calendarios escolares do 26-27, en versión anual ou mensual, coa festa local engadida.

12 xuño 2026

ALUMNADO DE 3º ESO DÁ VOZ AO MONTE

O alumnado de 3º de ESO do CPI A Caniza participou nunha saída ao Concello de Melón xunto co IES do Ribeiro, para coñecer as causas e consecuencias dos incendios que arrasaron a zona o verán pasado. Tras tomar conciencia do sucedido, entrevistaron a axentes forestais, políticos e veciños afectados, e gravaron o monte para visibilizar unha realidade que, ano tras ano, sofren as terras galegas. O resultado, despois de moitas sesións de traballo, foron tres documentais:

3ºA: "Entre o lume"

3ºB: "As voces do lume"

3ºC: "Cinzas que deixan pegada"

Tras unha votación cruzada entre os dous centros, o documental gañador no noso centro foi o de 3ºC, "Cinzas que deixan pegada".

Pero contra o lume, o verdadeiro premio é a memoria que non se apaga: parabéns a todo o alumnado de 3º de ESO polo seu traballo e compromiso, e grazas ao IES do Ribeiro por axudar a manter viva esta loita. Porque, contra o lume, gañamos todos.


05 xuño 2026

O CORO, POR VIGO

Os alumnos de coro tiveron unha xornada de relax, na praia de Samil. Tamén visitaron o Museo do mar e participaron nun xogo de pistas.

As pilas cargadas para acabar o curso!

19 maio 2026

FIADEIRO, 2026

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas da man de Xisco Feijóo, nunha xornada chea de música, ritmo e tradición.

Fixemos percusión e tamén tivemos tempo para bailar e gozar das nosas raíces dunha maneira divertida e participativa.

17 maio 2026

OS DO CLUB DE EXCURSIÓN

Os alumnos do club de lectura fixeron o fin de festa no Fornelos Wake CLub, con actividades de aventura. A pesar de que o día estivo frío, as ganas de pasalo ben e de compartir unha xornada diferente puideron máis que as baixas temperaturas.

15 maio 2026

LETRAS GALEGAS, 2026

Na biblioteca celebramos o Día das Letras Galegas cun divertido rosco creado polo alumnado, con moito entusiasmo e creatividade.
Estades preparados?

AS LETRAS EN MÚSICA

Anunciamos as Letras cun saúdo musical do alumnado de 3°C que, "entre pitos e frautas" interpreta O son do ar.

13 maio 2026

OS DE 2º EN CELANOVA

Hoxe, o alumnado de 2º da ESO, acompañado polos profesores Diego, Lorena e Ruta, visitou Vilanova dos Infantes e Castro Mao, e asistiu a un concerto didáctico de órgano no mosteiro de San Salvador de Celanova.

Durante a visita, tiveron tamén a oportunidade de cantar e vivir unha experiencia moi especial; os alumnos Lúa, Pablo e Gabriel cumpriron un soño ao poder tocar o órgano.