09 xuño 2015

OS MELLORES LECTORES

Como cada curso, axudándonos do programa MEIGA, sacamos unha listaxe dos mellores lectores de Secundaria. E nesta ocasión foron os seguintes:

07 xuño 2015

OS NOSOS ARTISTAS

O alumnado de 4º de Educación Plástica e Visual, neste final de curso, leva adiante un interesante proxecto no que recrearán, de xeito persoal, algunha obra de arte universal.
Como podemos ver, tan interesante como o resultado final é a evolución experimentada que aquí podemos ir vendo.

Estamos ansiosos por velos rematados!!

05 xuño 2015

PRÉSTAMO VERÁN

No verán hai tempo para todo, e tamén para ler.
Se queredes ocupar coa lectura o voso tempo de lecer, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO podedes levar ata un máximo de tres libros.
Comezaremos o préstamo de verán a partir do luns día 15.

28 maio 2015

A EXPOSICIÓN E OS SEUS AUTORES

A exposición "Persoas e inventos que cambiaron o mundo" foi realizada polo alumnado de 4º da ESO, dirixido polos Departamentos de Tecnoloxía, Ciencias e Matemáticas.
Aquí os podedes ver.

07 maio 2015

LETRAS GALEGAS 2015, XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Xosé Filgueira Valverde foi o autor elixido pola Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras 2015.
Unha elección controvertida, malia o seu traballo en campos como a historia ou a antropoloxía, debido á relación mantida coas institucións da dictadura franquista.
De calquera xeito, para coñecer o autor seleccionamos, xunto con Dinamización Lingüística, a seguinte compilación de recursos que nos ofrece a rede:
  • As exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos do autor. Contan coas guías respectivas, para Primaria e para Secundaria.
  • Presentación en vídeo realizada polo Seminario Galán con instantáneas da biografía de Xosé Filgueira Valverde cedidas pola Real Academia Galega e a Fundación Filgueira Valverde.

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS EN LEER.ES

O Centro virtual leer.es fai unha reseña da actividade das bibliotecas escolares galegas polo Día do Libro, e nós tamén estamos.

05 maio 2015

VOZ POPULI

Presentamos Voz Populi, o xornal dixital co que un equipo de alumnos, capitaneados por Xabier de Lingua Galega, participamos na XIV edición do programa El País de los Estudiantes.
Trátase da nosa primeira experiencia xornalística e, nestes momentos, o xurado está valorando todas as publicacións para seleccionar aos finalistas.
Valorarán o noso esforzo e seremos os elixidos?

LIBROS DO MES DE MAIO

1º e 2º ESO                    3º e 4º ESO