O luns 20, celebramos na Casa da cultura o fin de curso. O acto, presentado polos alumnos de 3º A, David e Isabel,
contou coa participación dos alumnos de música e coa colaboración
especial de Iván e Cris, da orquestra Nueva Imagen e do grupo Café Olé
respectivamente.
O
equipo de Dinamización lingüística aproveitou o momento para entregar
os premios ao concurso de banda deseñada. Os galardoados foron:
1º premio: Nacho Domínguez, Alejandra Carballo e Brian Gómez de 1º C.
2º premio: Marcos Álvarez e Nacho Álvarez de 1º B.
A feira do libro chegou ao cole!!
Unha das actividades mais salientables deste ano foi a nosa feira do libro,
O trece de maio, os alumnos de infantil e primaria intercambiamos os libros que trouxemos uns días antes polos polos que trouxeron os compañeiros.
Un sistema de bonos de cores indicábanos a cantidade e o tipo de libros que podíamos coller según fora nosa propia aportación.
A feira foi un éxitazo, tanto que o equipo da biblioteca ten pensado que ano que ven tamén podan participar os adultos das nosas famillias (e aos profes)
Que temos alumnado creativo sabémolo ben, só precisan que os animemos a selo. Aquí pódense ver os resultados das maquetas realizadas en Ciencias sobre a célula e as partes da flor.
Este curso, o club de lectura despediu a actividade cunha visita á vila de Allariz e, aínda que tiveron que improvisar sobre a marcha polo cambio de horario dos xardíns, parece que non o pasaron mal. Ver máis.
Aproveitando a conmemoración do IV Centenario da morte de Cervantes, a exposición realizouse con material creado polo alumnado de 2º C e 4º. Os mellores carteis leváronse á imprenta e o resultado foi este:
Para coñecer o autor seleccionamos, xunto con Dinamización Lingüística, a seguinte compilación de recursos:
As exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos do autor. Contan coas guías respectivas, para Primaria e para Secundaria