Como alumno deste centro, este aviso interésache.
12 abril 2020
PARA LOS NIÑOS/AS DE 4 AÑOS B- CUMPLEAÑOS ( PROFE NIEVES)
11 abril 2020
ORGANIZANDO O DÍA DO LIBRO
Aproveitando que se achega o Día do Libro, propuxémoslle ao profesorado gravar, en audio, un conto, adiviña, poema... Sempre que non exceda dos 3 MINUTOS como máximo.
Con todos os traballos, crearemos un programa de radio.
A ver que conseguimos!!!!!
10 abril 2020
O 2º TRIMESTRE DE RELIXIÓN
Manuel, o profe de Relixión, subiu ao blogue da materia un vídeo no que recopila as actividades que se fixeron no segundo trimestre. Para velo, podedes premer na imaxe.
Tamén podedes visitar o blogue de Relixión aquí: www.navegandoconxesus.blogspot.com
DO PERSOAL DE SECUNDARIA...
Recordámonos de vós, moito máis do que pensades; por iso, aí vai o noso ánimo para superar esta situación excepcional e volver á normalidade canto antes.
FORZA E AFOUTEZA!!!!!
MENSAXE DAS PROFES EVA E SARA E UNHA SORPRESIÑA!
Boa tarde, rapazas e rapaces.
Hoxe traémosvos unha mensaxe das profes de 5º de Infantil A para os seus alumnos e alumnas. Comezamos cun vídeo con fotos deste curso. Esperamos que vos guste moito! Para poder velo, premede na imaxe.
E agora, unha mensaxe de parte da profe Eva!
Por último, a sopresa que vos dicía no título. Hoxe hai un neno da clase das profes Eva e Sara que está de aniversario! Dani, aquí tes a túa felicitación!! Parabéns!!

09 abril 2020
MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!
Nestas vacacións de Semana Santa tan estrañas e especiais, seguimos a recibir vídeos e fotos do alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. Desta forma, podedes ver aos vosos compañeiros e compañeiras e mandarlles ánimos!
O primeiro vídeo de hoxe ven directamente da Xogoteca da Cañiza! Queredes velo? Pois non vos entreteño máis. Aí vai!
Tamén nos envían un vídeo os alumnos e alumnas da clase de 5º de Infantil A, das profes Eva e Sara. Que chulo poder vervos a todos e todas! Unha aperta moi grande!
E para rematar por hoxe, dúas fotos: Alexia (3ºA) e Valentina (5ºB) ensínannos os seus traballos. Alexia fixo unhas cestas de Pascua preciosas, e Valentina uns debuxos, moi bonitos tamén, cunha mensaxe para todos e todas. Ademais está a ler un libro. Ben feito, Valentina!
08 abril 2020
HOXE TEMOS 3 VÍDEOS!
Pois si, 3 vídeos para comezar o día de hoxe.
O primeiro, de Nicolás (2ºA) que nos manda ánimos a todos. Moitas grazas, Nicolás!
E seguimos con Estela (6ºA) e Ismael (5ºB) que nos mostran as súas habilidades musicais. Vaia nivel! Moitas grazas pola vosa aportación!

07 abril 2020
MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS MENSAXES, CHICAS!
As alumnas de Primaria Lucía Dantas (5ºB) e Sabela Rodríguez (3ºA) envíannos unhas imaxes e un vídeo do seu día a día na casa e unha mensaxe de apoio e ánimo para todos e todas.
Comezamos con Lucía e co seu vídeo de como pasa o tempo nestes momentos nos que temos que quedar na casa. Á volta xa nos podes traer un pouco do que cociñes que ten moi boa pinta!
Comezamos con Lucía e co seu vídeo de como pasa o tempo nestes momentos nos que temos que quedar na casa. Á volta xa nos podes traer un pouco do que cociñes que ten moi boa pinta!
E Sabela rematou os ovos de Pascua e quere ensinarnos o resultado final. Qué chulos quedaron, Sabela! Un traballo xenial!
VÍDEO DE 5º DE INFANTIL B
Os alumnos e alumnas de 5º de Infantil B, da clase da profe Nieves, mándannos este vídeo tan bonito, feito coas súas fotos e mensaxes de ánimo.
Moitas grazas, chicos e chicas! Esperamos vervos pronto de novo!
7 DE ABRIL, DÍA DA SAÚDE
Hoxe, máis que nunca, debemos celebrar o día cunha mensaxe do máis positiva.
06 abril 2020
CHÉGANNOS MÁIS COUSIÑAS DO ALUMNADO!
Estamos moi contentos e contentas porque vemos que o alumnado do CPI da Cañiza se acorda moito d@s profes e dos compañeiros e compañeiras.
Por exemplo, Sabela (3ºA) e seu irmán Lucas (5º Infantil A) enviáronnos unhas fotos e un vídeo de diferentes actividades que están a facer estes días: cociñar, preparar traballos de Pascua, tocar instrumentos... e todo o fixeron xenial! Aquí os tedes!
Tamén temos un vídeo de Anxo Gómez, de 1º de Primaria, dando ánimos a todo o mundo. Moitas grazas, Anxo!
E por último, unha foto de Yaiza (3ºB) cunha manualidade que fixo para celebrar a Pascua. Que bonito, Yaiza!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)