16 outubro 2022
PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2022
"Lejos de Luisiana" é unha historia histórica -tres das catro novelas que publicou Gabás son históricas- que se desenvolve no século XVIII durante o período no que este territorio pertenceu a España. Conta a historia de amor entre un indio e unha colona. Trátase dunha novela coral, na que os personaxes se ven maltratados por acontecementos que acabarían cambiando o mundo.
"Historias de mujeres casadas" é tamén unha historia de amor, neste caso contemporáneo e, como indica o seu título, é sobre todo unha historia de mulleres. Campos explicou que o seu libro comeza con tres mulleres da súa idade que se coñecen nun ambiente laboral. "Iso axúdame a diseccionar a historia dos seus matrimonios, pero tamén a intimidade e o desexo feminino", dixo. Unha delas coñece a un home na rúa e o que comeza como un xogo acaba converténdose en algo que cambia a súa vida.
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2022
Paco Xordo foi galardoado co Premio Nacional de Cómic, pola súa obra ‘El pacto’; na que, segundo o xurado, destaca un guión orixinal e trepidante que supón unha auténtica homenaxe ao cómic español.
10 outubro 2022
DÍA DAS ESCRITORAS
Celébrase este ano 2022 baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras". Carmen Domingo, a comisaria desta edición, fai unha selección de textos que “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Desde as bibliotecas escolares queremos que se visibilice tamén a obra das nosas escritoras, para o que ofrecemos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.
PREMIO NOBEL LITERATURA, 2022
A súa obra está minuciosamente elaborada e a medio camiño entre a narrativa e as ciencias humanas, onde a historia e a socioloxía contan tanto como a memoria individual. Dirase que este é o primeiro Nobel que se outorga á autoficción, un subxénero que ela desenvolveu máis que ninguén, aínda que a escritora nega esa etiqueta.















