15 xuño 2024

CELANOVA

O 5 de xuño, o alumnado de 4º da ESO, xunto co coro, asistiu ao concerto didáctico no mosteiro de Celanova e realizou un roteiro literario cos poetas da localidade.
Entra na imaxe para ver máis fotos.

ORATORIA, 3º ESO

Traballos finais na materia de Oratoria en 3º da ESO
Iria e Isabella

Erea e Alba F

Hugo, Soraya, Miriam e M Rita

Nico, Ainoha, Alba

01 xuño 2024

DE ROMERÍA

O pasado luns 20 de maio, as alumnas Laura Loira e Lucía Pereira, de 2ºDforon á Romaría da virxe da Franqueira, tamén coñecida como "Pascuillas".

Para contar as súas andanzas, fixeron un vídeo "Vlog" onde recolleron o seu traxecto dende a Cañiza ata chegar á Franqueira.

22 maio 2024

08 maio 2024

LIMPEZA E RECICLAXE

Na campaña de limpeza, reciclaxe e respecto ao medio, levamos todo o curso facendo, coas titorías, batidas no patio. E hoxe, aproveitando o bo día, tocounos ao alumnado de 1º ESO A.
Comprobade todo o que conseguimos recoller.
E recordade: NON É MÁIS LIMPO O QUE MÁIS LIMPA, SENÓN O QUE MENOS ENSUCIA.

06 maio 2024

VISITA DE 6º

Por fin viñeron ao cole os futuros primeiros! Foi un día intenso:
  • Recibímolos na biblioteca cunha lambetada e un agasallo creado para eles, un marcapáxinas.
  • Percorreron o cole guiados por coñecidos e antigos compañeiros: laboratorio, ximnasio, plástica, música e informática, aulas, algún club de lectura que estaba reunido...
  • Celebraron un petisco na cafetería para coñecer a futuros amigos de procedencias diferentes: Cañiza, Crecente, Valeixe e Arbo
  • Remataron a xornada cunha actividade deportiva de orientación, deseñada polos nosos profes de Educación Física.
Cremos que se conseguiu o obxectivo, perder o medo ao futuro para que poidan chegar en setembro con moita tranquilidade e ganas. Agardámolos.


Plano do centro para localizar os puntos de control en orientación
 

04 maio 2024

FORMÁNDONOS

Na tarde do venres, o profesorado do CPI puido formarse en dislexia coa profesora Paula Outón Oviedo, que nos ofreceu unha visión actual e multidisciplinar deste problema de aprendizaxe.


01 maio 2024

VISITA 6º, 2024

Póster vuelta al cole ilustrado multicolor de Alba Gonzalez Viso

O alumnado de 6º, de Arbo, Valeixe, Crecente e de aquí da Cañiza, vén de visita e aproveitaremos a xornada para que coñeza o profesorado e as instalacións do centro.
Convertiremos en guías aos antigos compañeiros e levarán un pequeniño agasallo que preparamos especialmente para eles.
Queremos que desexen que comece o curso en setembro!!!!!
   

CONCERTO