27 setembro 2013
BASES CONCURSO LIBRO DO MES
- Poderán participar os alumnos de todos os cursos de ESO.
- A primeiros de cada mes anunciarase o libro obxecto do concurso. Este poderá estar escrito en galego ou en castelán, ou se así se especifica, en ámbalas dúas linguas.
- Os concursantes deberán ler o libro e contestar a unhas preguntas que se farán públicas, na biblioteca e no blog, a mediados de mes.
- Quen responda correctamente a todas as preguntas será o gañador. Se houbese máis dunha persoa que respondese correctamente a todas as preguntas, gañará quen entregue as respostas en primeiro lugar. De persistir o empate faríase un sorteo xa que só pode haber un gañador, agás que o equipo da biblioteca decida, excepcionalmente, que poida haber máis dun.
- Cada concursante só poderá presentar unha batería de respostas.
- As respostas entregaranse na biblioteca, ao profesorado responsable.
- Se ninguén respondese correctamente a todas as preguntas, o concurso quedará deserto, é dicir non haberá gañador/a.
- O profesorado que conforma o equipo da Biblioteca será o encargado de levar a cabo o concurso.
ANÍMATE... E PARTICIPA. LER PAGA A PENA
20 setembro 2013
DE NOVO AQUÍ!
Ola a todos!
Un curso máis, a biblioteca quere abrir unha porta á imaxinación, á fantasía, ao xogo... a través dos libros, o cine, a música, as revistas e xornais...
E non o dicimos só nós; Iniesta, Piqué ou Xavi tamén vos invitan a ler. Mirade.
Ademais insistimos, a nosa biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, da que tamén forman parte, nais, pais, profesores e persoal non docente.
Agardámosvos!
21 xuño 2013
ATA O CURSO QUE VÉN!!!
Tras un duro curso escolar, velaquí o cambio que se dá nalgún dos nosos alumnos e/ou profesores.
Pois ben, só hai un xeito de recuperarse, cun verán cheo de:
- Deporte
- Diversión
- Descanso
- Estudo
- E sobre todo lecturas.
PASÁDEO BEN!!!!
19 xuño 2013
EVOLUCIÓN DO PRÉSTAMO
Dende que estamos no PLAMBE, no 2006, esta foi a progresión do préstamo na biblioteca de Secundaria.
Significativo o resultado do 2010-2011. A posta en marcha do Proxecto Lector e a nosa "hora de ler" terá algo que ver?
Queremos seguir medrando.
HÁBITOS E ESTRATEXIAS DE ESTUDO
Agora, xa case coas notas na man, é hora de facer balance e valorar se a estratexia seguida durante o curso foi a axeitada.
Analiza os teus resultados para comprobar se podes seguir polo mesmo camiño ou, pola contra, deberías cambiar para o curso que vén.
Vía: BlogFesquio
LEME
Onte, desde o Consello da Cultura Galega, presentouse LEME, unha nova aplicación gratuíta e aberta para ipad e iphone (no outono tamén para android) orientada á descuberta dos equipamentos e recursos culturais galegos.
18 xuño 2013
17 xuño 2013
APRENDER E ENSINAR MATEMÁTICAS
Blog feito por profesores do IES "Cardenal Cisneros" de Madrid", dedicado a difundir ideas de didáctica e compartir materiais.
14 xuño 2013
PORTAL DAS PALABRAS
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié acaban de presentar o Portal das palabras.
Unha iniciativa na que podemos atopar vídeos explicativos sobre o significado das palabras, textos nos que os membros da Academia explican os seus termos favoritos, exemplos, xogos... xunto cunha nova versión en liña do dicionario da RAG que inclúe sistemas de busca avanzada, sinónimos e versións do mesmo para teléfonos móbiles.
13 xuño 2013
NÓS ORIXINAIS
Comprobade o fácil que é atar unha zapatilla.
Sinxelo non?
Pois para aqueles que non teñan tanta habilidade e queiran innovar, aquí van 15 xeitos de facelo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














.jpg)

