29 outubro 2022

SAMAÍN, 2022

Este vídeo é só un aperitivo da celebración de hoxe. Se picades na galería veredes moito máis: a decoración do centro, a entrega de premios aos gañadores do concurso de relatos terroríficos, a visita dos compañeiros de Primaria, o túnel do terror... un día cheo de suspense e diversión.
Grazas a todos, especialmente a Elena, por colaborar e facelo posible.

25 outubro 2022

PREMIO NACIONAL NARRATIVA, 2022

Marilar Aleixandre foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres.

O xurado escolleu As malas mulleres de Marilar Aleixandre pola súa «orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe», recolle na súa acta.

Bióloga, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e feminista convencida, Marilar Aleixandre conta cunha recoñecida traxectoria literaria en lingua galega. Autora do primeiro libro de ciencias en galego, é narradora, poeta e ensaísta, ademais de catedrática de número e membro da directiva da Real Academia Galega.

O seu primeiro relato foi un conto de vampiros que sentaría a base de "Esperando aos morcegos", transformado logo na peza infantil "A formiga coxa". Despois viñeron "A expedición do Pacífico" (Premio da Crítica de Galicia 1995), "A banda sen futuro" (Premio Lazarillo de novela xuvenil en 1999), "Lobos nas illas", "A Cabeza de Medusa" e "O Coitelo en Novembro"... Entre os seus poemarios, "Catálogo de velenos" e "Desescribindo".

SAMAÍN, 2022


Como cada ano, Elena xa está ambientando para preparar o túnel do terror do venres. Anímaste?

"EMOCIÓNATE" NO CPI DA CAÑIZA

Dentro das actividades desenvolvidas con motivo do 90 aniversario da chegada da radio a Galicia, a asociación "Ondiñas de Radio" e a emisora SI RADIO organizaron unha exposición de radios antigas e gravaron un «Emociónate Especial CPI da Cañiza» dende a biblioteca.

Un programa cheo de música, entrevistas, debates, informacións locais e de interese xeral... e as voces dos fogares sobre experiencias radiofónicas.

Agardamos á súa emisión.

24 outubro 2022

24 OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Para celebrar o día, participa no concurso que vos propuxemos aquí.

19 outubro 2022

POLOS CREATIVOS EN MARCHA!

O alumnado de 4º da ESO visitou o CIFP A Granxa de Ponteareas, alí recibiron unha charla sobre a oferta formativa do centro e fixeron un percorrido polas instalacións, onde viron os invernadoiros e os sistemas de agricultura hidropónica.

16 outubro 2022

ABUR ,CONCHI!!!

Este venres despedimos a unha compañeira que levaba 22 anos con nós; moitos deles formando parte deste equipo de biblioteca.
E fixémolo como se merecía, por todo o alto. Ata nos acompañaron exalumnos que hoxe están no IES!!!
Grazas, compañeira e amiga, por tantos anos compartidos e por todo o que aprendemos de ti.
Os seus alumnos crearon en Plástica, con Ángel, este mural. Se picamos na imaxe iremos á galería.

CONCURSO MES BIBLIOTECAS

Tes ata o 4 de novembro para participar

PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2022


Luz Gabás foi a gañadora do premio Planeta, ​​cunha novela titulada "Lejos de Luisiana". Cristina Campos foi finalista con "Historias de mujeres casadas".

"Lejos de Luisiana" é unha historia histórica -tres das catro novelas que publicou Gabás son históricas- que se desenvolve no século XVIII durante o período no que este territorio pertenceu a España. Conta a historia de amor entre un indio e unha colona. Trátase dunha novela coral, na que os personaxes se ven maltratados por acontecementos que acabarían cambiando o mundo.

"Historias de mujeres casadas" é tamén unha historia de amor, neste caso contemporáneo e, como indica o seu título, é sobre todo unha historia de mulleres. Campos explicou que o seu libro comeza con tres mulleres da súa idade que se coñecen nun ambiente laboral. "Iso axúdame a diseccionar a historia dos seus matrimonios, pero tamén a intimidade e o desexo feminino", dixo. Unha delas coñece a un home na rúa e o que comeza como un xogo acaba converténdose en algo que cambia a súa vida.


PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2022

Paco Xordo foi galardoado co Premio Nacional de Cómic pola súa obra ‘El pacto’; na que, segundo o xurado, destaca un guión orixinal e trepidante que supón unha auténtica homenaxe ao cómic español.

Francisco Sordo Artaraz é historietista, deseñador gráfico, animador e ilustrador. Traballou para Nickelodeon, Ogilvy, Rovio, ING Direct, Vodafone ou Movistar como animador e deseñador.
No campo da historieta é coñecido pola súa serie Internet, modo de emprego publicada entre 2010 e 2014 na revista ‘El Jueves’ e as súas colaboracións para a revista dixital ‘Orgullo y satisfacción’ coa serie Tebeos Basura.
Traballa ademais ilustrando cómics e libros infantís tanto en España como no mercado francófono.

10 outubro 2022