2 de maio de 2013

TODO DON QUIXOTE EN TRES SEGUNDOS

Xa lestes O Quixote ou parécevos moi longo?
Xa non hai desculpa. Grazas ás novas tecnoloxías agora é posible escoitar a obra integral en só tres segundos. Só hai que visitar a exposición interactiva “Érase DE UNA VEZ don Quijote de la Mancha”, unha creación de Diego Agulló e Jorge Ruiz Abánades, no Instituto Cervantes de Berlín.
A obra estrutúrase ao redor dun pedestal diante dunha escultura en forma de columna, de case cinco metros de altura, que se compón de todas as palabras da novela, recortadas do libro e inseridas unha tras outra cun fío de nailon. O público que accede ao atril atópase cun exemplar do Quijote que ao abrirse activa unha secuencia de audio, na que se oen todas as palabras do texto orixinal ao mesmo tempo, sobrepoñéndose nunha asombrosa cacofonía que non supera os tres segundos de duración.
Mira e escoita no vídeo.

Vía: Blogs El País, El arte en la edad del Silicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario