A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, puxo en marcha "AbalarMóbil".
Trátase dunha aplicación que permite ás familias:
- Acceder aos datos persoais.
- Consultar as cualificacións.
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
- Consultar as faltas de conduta.
- Solicitar ou cancelar unha cita de titoría.
- Consultar avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Pódese instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Para
acceder aos datos do alumno/a é necesario que o número de teléfono
dende o que se usa a aplicación estea rexistrado no seu expediente do
XADE (deberán preguntar no centro se non están seguros).
Vídeo titorial
Toda a información está na web "espazoAbalar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario