15 setembro 2026

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2026

O escritor británico Julian Barnes foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2026 en recoñecemento á súa brillante traxectoria literaria e á orixinalidade dunha obra que combina narrativa, ensaio, humor e reflexión sobre a condición humana.
Nado en Leicester (Reino Unido) en 1946, Barnes está considerado unha das figuras máis destacadas da narrativa británica contemporánea. Ao longo da súa carreira, construíu unha obra diversa e innovadora, caracterizada pola ironía, a intelixencia narrativa e a reflexión sobre como lembramos e interpretamos o pasado.
Entre as súas obras máis recoñecidas destacan: El loro de Flaubert (1984), Inglaterra, Inglaterra (1998), Arthur & George (2005), El sentido de un final (2011), El ruido del tiempo (2016), Elizabeth Finch (2022), Despedidas (2026).

Ningún comentario:

Publicar un comentario