Chega o 8M, o Día Internacional da Muller. Data na que se quere facer visible na sociedade o traballo e a loita das mulleres para conseguir os dereitos que lle teñen sido negados tanto nos espazos públicos coma nos privados.
Pretendemos render homenaxe a todas aquelas mulleres que coa súa loita e traballo permitiron que nós poidamos ser na actualidade mestras, e que poidamos transmitirvos o saber e a información para que perpetúedes e melloredes esas conquistas.
Convidámosvos a achegarvos a esta causa a través da mirada de Mafalda, unha nena protestona e combativa que cuestiona os roles das mulleres na sociedade. A nai, Susanita, Liberdade e ela mesma representan modelos de mulleres diferentes. Mafalda envíanos mensaxes claras e directas: “o problema é que as mulleres no lugar de xogar un papel na sociedade teñen xogado un trapo”...
Pincha na foto para ver máis. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario