O día 5 de marzo, tivemos unha invitada moi especial, LEDICIA COSTAS, unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados.
Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. Ademáis unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia e gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019) e «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020).
Foi un enorme pracer, ter con nós A ledicia, que interactuou cos rapaces, dunha forma moi amena e con moita paciencia, compartindo todas as súas vivencias. Finalizou a súa vista asinando libros e realizando unha entrevista na nosa radio escolar " LOS 40 COLEGIALES", de man das nenas colaboradoras da Biblioteca.
MOITAS GRACIAS POLA TÚA VISITA, esperamos verte pronto de novo polo Centro.
Esta actividade realizouse gracias a colaboración dos Equipos de Normalización e Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario