9 de mar. de 2020

CRUZ VERMELLA - PREVENCIÓN DE CONDUCTAS VIOLENTAS

Durante os meses de febreiro e marzo o alumnado de 3º da ESO participou nos obradoiros que a Cruz Vermella organizou no centro, dentro do programa de prevención de conductas violentas, e enmarcado dentro do Plan Proxecta Donas de si.

Cruz Vermella traballa na difusión de valores como a cooperación, a tolerancia, a solidaridade, e a aprendizaxe de habilidades sociais, de comunicación e de resolución de conflictos para evitar a aparición destas. Hoxe en día prensa, radio e televisión fanse eco de gran cantidad e de conductas violentas e hai quen pensa que Iago é só un reflexo da violencia existente na sociedade, provocada pola pérdida de valores e instauración de valores erróneos.

Nos obradoiros organizados pola Cruz Vermella as rapazas e rapaces aprenderon como prevenir conductas violentas, resolución de conflictos sen violencia e habilidades sociais, como prevenir o bullying e o ciberbullying, diferentes habilidades sociais para fomentar a convivencia e a diversidade, e estratexias para fomentar a non violencia, a tolerancia e a igualdade sen discriminación de identidade ou orientación sexual, todo esto cunha metodoloxía participativa e dinámica con traballo en equipo, debates, xogos, medios audiovisuais e TICs.




Ningún comentario:

Publicar un comentario