12 de maio de 2020

DÍA DA MULLER MATEMÁTICA



O 12 de maio no CPI da Cañiza conmemoramos o Día Internacional da Muller Matemática, coincidindo co nacemento da gran matemática Maryam Mirzakhani, coñecida polos seus traballos en xeometría.

As estadísticas amosan que a investigación en matemáticas segue a ser maioritariamente masculina, igual que a ocupación de altos cargos en centros de investigación ou universidades, por eso neste día (e dentro do Plan Proxecta Donas de si) queremos celebrar os logros das mulleres matemáticas en todo o mundo e sobre todo, inspirar ás alumnas para que escollan a investigación en matemáticas como opción de futuro.

A Comisión de Mujeres Matemáticas (MyM) da Real Sociedad Matemáticas Española (RSME) organizaron uns Escape Rooms para os alumnos dos últimos cursos da ESO e para 2º-3º de Primaria. As protagonistas destas aventuras son mulleres matemáticas como Hipatia de Alejandría, Emmy Noether, Maryam Mirzakhani, Florence Nightingale, Sofia Kovalevskaya, Julia Robinson, Katherine Johnson, Ada Lovelace, Ana Justel, Sophie Germain. Investiga un pouco na súa interesante vida!

Escape Rooms:

  • Para os alumnos de 3º e 4º da ESOEl pasillo del olvido recordado, é unha aventura que transcorre nun museo durante a derradeira semana do curso, e transmítenos que cun último esforzo, seremos libres! Pincha na seguinte ligazón.

  • Para os máis pequenos (2º e 3º de Primaria, acompañados dun adulto), El rescate de la maga Omega, no que terán que rescatar a una nena maga que quedou atrapada. Pincha na seguinte ligazón.
Esperamos que vos guste!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario