NOTICIA IMPORTANTE
As Letras Galegas como acto institucional aprázase por primeira vez na historia ao 31 de outubro por mor do Covid-19.
Pero
desde a Biblioteca parecenos importante dar a coñecer ó personaxe ao que se lle
adica este día: Ricardo Carballo Calero.
Premedes
nas imaxes e descubriredes distintas actividades sobre
do Día das Letras Galegas moi
interesantes.
TAMÉN TEDES NO ÚLTIMO ENLACE UN CONCURSO DA PRIMAVERA DAS LETRAS ÁNIMADEVOS A PARTICIPAR.
TAMÉN TEDES NO ÚLTIMO ENLACE UN CONCURSO DA PRIMAVERA DAS LETRAS ÁNIMADEVOS A PARTICIPAR.
Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras e outros, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para os nenos e nenas que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia!
SE QUERES SABER PORQUE CELEBRAMOS
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O 17 DE MAIO PREME NA IMAXE
Prepárate para un percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado para comprender mellor o noso presente. Preme na imaxe
Ricardo Carballo Calero foi un lector apaixonado dende neno. Aquela semente de libros floreceu no rapaz, que demostrou dende moi cedo a súa madeira de escritor. PREME NA IMAXE
Ricardo Carballo Calero fixo historia na universidade: en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. PREME NA IMAXE
Nunca se converteu en mariño, como imaxinara de mozo, pero capitaneou o buque máis grande das nosas letras: a Historia da literatura galega contemporánea. Preme na imaxe
Máis de 240 millóns de persoas teñen o portugués como lingua oficial. O galego é unha valiosa ferramenta para comunicármonos con todas elas. Preme na imaxe
Imprime e colorea estas ilustracións inspiradas na vida e obra de Ricardo Carballo Calero.
Un dos seus libros mais famosos para os nen@S é "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a familia.
Premede na imaxe
Os Bolechas achéganse a Ricardo Carvalho Calero. Preme na imaxe.
ESTÁS PREPARADO PARA XOGAR???
Preme na imaxe
Queres ser un super dectetive?
Preme na imaxe
PRIMAVERA DAS LETRAS... ANÍMASTE A CONCURSAR?
FEIRACO LÁCTEOS S.L. EN COLABORACIÓN COA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, LANZA ESTE CONCURSO PARA NENOS E NENAS COMA VÓS: CREATIVOS, VALENTES E GALEG@S! ANIMÁDEVOS!
XA SABIADES QUE O LEITE NOS APORTA CALCIO PARA OS ÓSOS? AO TOMAR LEITE MEDRAMOS E OS NOSOS ÓSOS FANSE MÁIS FORTES!.
TAMÉN SABEDES QUE EN GALEGO DISE "O LEITE", VERDADE? NON O ESQUEZADES!
#FALAMOSGALEGO #PRIMAVERADASLETRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario