18 maio 2020
17 maio 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2020
2naFronteira no disco SONS DE NÓS versiona poemas da revista Nós: Otero Pedrayo, Blanco Amor, Carballo Calero, Xosé Velo, Francisca Herrera, Bouza Brey…
Hoxe, para conmemorar o día, aproveitamos o poema Teño unha dor, de Carballo Calero
15 maio 2020
RETOS PARA UNHA VIDA SA
RETO 33
Comeza a fin de semana nun bo estado mental facendo esta sesión de relaxación pensada para ti.
14 maio 2020
LETRAS GALEGAS 2020 EN MÚSICA
Xa estamos preparando o día en música e, incluso confinados, algúns alumnos interpretan música popular galega.
13 maio 2020
LETRAS GALEGAS 2020
NOTICIA IMPORTANTE
As Letras Galegas como acto institucional aprázase por primeira vez na historia ao 31 de outubro por mor do Covid-19.
Pero
desde a Biblioteca parecenos importante dar a coñecer ó personaxe ao que se lle
adica este día: Ricardo Carballo Calero.
Premedes
nas imaxes e descubriredes distintas actividades sobre
do Día das Letras Galegas moi
interesantes.
TAMÉN TEDES NO ÚLTIMO ENLACE UN CONCURSO DA PRIMAVERA DAS LETRAS ÁNIMADEVOS A PARTICIPAR.
TAMÉN TEDES NO ÚLTIMO ENLACE UN CONCURSO DA PRIMAVERA DAS LETRAS ÁNIMADEVOS A PARTICIPAR.
Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras e outros, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para os nenos e nenas que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia!
SE QUERES SABER PORQUE CELEBRAMOS
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O 17 DE MAIO PREME NA IMAXE
Prepárate para un percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado para comprender mellor o noso presente. Preme na imaxe
Ricardo Carballo Calero foi un lector apaixonado dende neno. Aquela semente de libros floreceu no rapaz, que demostrou dende moi cedo a súa madeira de escritor. PREME NA IMAXE
Ricardo Carballo Calero fixo historia na universidade: en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. PREME NA IMAXE
Nunca se converteu en mariño, como imaxinara de mozo, pero capitaneou o buque máis grande das nosas letras: a Historia da literatura galega contemporánea. Preme na imaxe
Máis de 240 millóns de persoas teñen o portugués como lingua oficial. O galego é unha valiosa ferramenta para comunicármonos con todas elas. Preme na imaxe
Imprime e colorea estas ilustracións inspiradas na vida e obra de Ricardo Carballo Calero.
Un dos seus libros mais famosos para os nen@S é "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a familia.
Premede na imaxe
Os Bolechas achéganse a Ricardo Carvalho Calero. Preme na imaxe.
ESTÁS PREPARADO PARA XOGAR???
Preme na imaxe
Queres ser un super dectetive?
Preme na imaxe
PRIMAVERA DAS LETRAS... ANÍMASTE A CONCURSAR?
FEIRACO LÁCTEOS S.L. EN COLABORACIÓN COA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, LANZA ESTE CONCURSO PARA NENOS E NENAS COMA VÓS: CREATIVOS, VALENTES E GALEG@S! ANIMÁDEVOS!
XA SABIADES QUE O LEITE NOS APORTA CALCIO PARA OS ÓSOS? AO TOMAR LEITE MEDRAMOS E OS NOSOS ÓSOS FANSE MÁIS FORTES!.
TAMÉN SABEDES QUE EN GALEGO DISE "O LEITE", VERDADE? NON O ESQUEZADES!
#FALAMOSGALEGO #PRIMAVERADASLETRAS
RETOS PARA UNHA VIDA SA
RETO 31
Retomamos os retos con papel hixiénico pero esta vez aumentamos a intensidade do exercicio.
Atréveste a probar?
12 maio 2020
DÍA DA MULLER MATEMÁTICA
O 12 de maio no CPI da Cañiza conmemoramos o Día Internacional da Muller Matemática, coincidindo co nacemento da gran matemática Maryam Mirzakhani, coñecida polos seus traballos en xeometría.
As estadísticas amosan que a investigación en matemáticas segue a ser maioritariamente masculina, igual que a ocupación de altos cargos en centros de investigación ou universidades, por eso neste día (e dentro do Plan Proxecta Donas de si) queremos celebrar os logros das mulleres matemáticas en todo o mundo e sobre todo, inspirar ás alumnas para que escollan a investigación en matemáticas como opción de futuro.
A Comisión de Mujeres Matemáticas (MyM) da Real Sociedad Matemáticas Española (RSME) organizaron uns Escape Rooms para os alumnos dos últimos cursos da ESO e para 2º-3º de Primaria. As protagonistas destas aventuras son mulleres matemáticas como Hipatia de Alejandría, Emmy Noether, Maryam Mirzakhani, Florence Nightingale, Sofia Kovalevskaya, Julia Robinson, Katherine Johnson, Ada Lovelace, Ana Justel, Sophie Germain. Investiga un pouco na súa interesante vida!
Escape Rooms:
Escape Rooms:
- Para os alumnos de 3º e 4º da ESO, El pasillo del olvido recordado, é unha aventura que transcorre nun museo durante a derradeira semana do curso, e transmítenos que cun último esforzo, seremos libres! Pincha na seguinte ligazón.
- Para os máis pequenos (2º e 3º de Primaria, acompañados dun adulto), El rescate de la maga Omega, no que terán que rescatar a una nena maga que quedou atrapada. Pincha na seguinte ligazón.
Esperamos que vos guste!!
RETOS PARA UNHA VIDA SA
RETO 30
Hoxe invitámoste a bailar un clásico. Anima á túa familia a bailala contigo!
11 maio 2020
123 PREGUNTAS SOBRE O CORONAVIRUS
Marián García, máis coñecida como Boticaria García, e a xornalista Arantxa Castaño sumaron forzas e editaron unha guía dando resposta a un total de 123 preguntas frecuentes sobre o COVID-19, nun libro en formato de libre descarga para todo aquel que queira facerse con el.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












