17 setembro 2022

16 setembro 2022

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2022

Rafael Salmerón López foi galardoado co premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, pola obra 'La rama seca del cerezo', ambientada en Hiroshima momentos antes de caer a bomba atómica.

Rafael Salmerón López comezou a súa andaina no mundo da literatura infantil e xuvenil en 1994 como ilustrador. Desde 2001 escribe as súas propias historias, iniciándose como autor xunto á súa nai, Concha López Narváez, coa serie 'Beltrán el erizo', á que seguiron máis de 25 títulos publicados, entre os que se atopan 'Cuentos y leyendas de la época de las pirámides', 'El silencio del asesino', 'Milú, un perro en desgracia'...

02 setembro 2022

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2022

Sergio García Sánchez, Premio Nacional de Ilustración 2022. O autor granadino leva o galardón por levar “a narración gráfica a outros lugares e por multiplicar as posibilidades da ilustración con imaxes que por si soas narran”.

García Sánchez (Guadix, Selecta, 55 anos), colaborador habitual de Babelia, sempre quixera ser debuxante, tal e como demostrou con cada paso da súa carreira. A súa actividade profesional céntrase na ilustración editorial, o cómic e a ilustración infantil. Aínda que tamén deixou claro que, de non poder cumprir con esta profesión, gustoulle dedicarse ao mundo da infografía. Estudou Belas Artes na Universidade de Granada, onde actualmente é profesor titular no Departamento de Debuxo. Pero estas dúas facetas da súa vida sempre van da man: “Como profesor de Universidade teño que investigar e as miñas investigacións maniféstanse na miña obra gráfica”.

01 setembro 2022

PREMIO CERVANTES CHICO, 2022

En xullo reuníase o Xurado e acordaba outorgarllo á escritora Mar Benegas “pola súa exitosa traxectoria no mundo da literatura infantil e xuvenil e por cultivar con excelencia o xénero da poesía”.

A escritora e poeta dedícase, ademais, á animación á creatividade e á lectura en escolas, bibliotecas e centros culturais. Ten entre as súas publicacións "Historias amorosas de mamás y sus bebés" que, mediante rimas, mostran historias de animais para fomentar a tenrura nos nenos. Tamén conta cunha colección de contos musicais publicados, "La cereza", dirixidos a nenos de 0 a 5 anos que combinan música, lectura e ilustracións.


24 xuño 2022

FESTIVAL FIN DE CURSO E GRADUACIÓN 21-22

Comeza a ser un clásico despedir o curso coa festa do alumnado de 4º que, nun proceso natural, marcha do centro para iniciar un camiño novo.
Pero non só tivemos graduación, houbo tamén o festival de música, baile, entrega de agasallos de concursos e a despedida dalgún profesor.
Se picades nas fotos podedes entrar nas dúas galerías que organizamos do evento.



21 xuño 2022

ANUARIOS DE 4º

Traemos aquí unha interesante actividade que o alumnado de 4º realizou en Lingua Inglesa. Trátase duns mini anuarios inspirados nos que fan en EEUU cando se gradúan no instiuto. Inclúen fotos do alumnado tanto individuais como en grupo, unhas frases que se dedican entre eles e tamén algunhas anécdotas e lembranzas (redactadas en inglés) da súa etapa educativa na ESO.

Picade debaixo da imaxe para entrar no de cada grupo.

18 xuño 2022

VIDEOXOGO

O profe Breixo, de Primaria, estivo traballando durante este curso na creación dun videoxogo sobre o noso colexio e aquí vos deixamos o resultado final. Está dispoñible tanto para ordenador coma para dispositivos Android (esperamos poder telo en IOS en breve). Neste xogo teredes que ir buscando obxectos e moedas que vos darán os diferentes mestras e mestres para activar a panca que hai na porta de entrada. Esperamos que vos guste e vos divirtades moito con el.

Para acceder a el só tedes que CLICAR NA IMAXE.

Aquí atoparedes 3 carpetas: Android, Mac e Windows.

Para xogar no móbil ou tablet Android, só tedes que descargar e instalar o arquivo APK que aparece. Antes, en axustes do teléfono, debedes permitir a instalación de arquivos externos. (BREVE TITORIAL)

Para xogar no ordenador, descargades a versión de Windows e buscades un arquivo que se chama “GAME”. Non hai que instalar nada, só abrilo e listo!

Parabéns profe Breixo polo traballo!!!

DESPEDIDA DA RADIO

Lucía, Zaira, Érika e Noa de 3ºB e Iria de 3ºA fálannos de moitos dos asuntos que lles preocupan.

Contamos con elas para un equipo de radio no curso que vén!!! E agardamos que contaxien a outros.