11 marzo 2020

MULLERES CIENTÍFICAS




Para reivindicar o papel que tivo e que ten a muller na Ciencia, o alumnado de 3º da ESO fixo unha investigación sobre os descubrimentos e aportacións de diferentes científicas.

Estes son algúns exemplos dos traballos que fixeron:









09 marzo 2020

CRUZ VERMELLA - PREVENCIÓN DE CONDUCTAS VIOLENTAS

Durante os meses de febreiro e marzo o alumnado de 3º da ESO participou nos obradoiros que a Cruz Vermella organizou no centro, dentro do programa de prevención de conductas violentas, e enmarcado dentro do Plan Proxecta Donas de si.

Cruz Vermella traballa na difusión de valores como a cooperación, a tolerancia, a solidaridade, e a aprendizaxe de habilidades sociais, de comunicación e de resolución de conflictos para evitar a aparición destas. Hoxe en día prensa, radio e televisión fanse eco de gran cantidad e de conductas violentas e hai quen pensa que Iago é só un reflexo da violencia existente na sociedade, provocada pola pérdida de valores e instauración de valores erróneos.

Nos obradoiros organizados pola Cruz Vermella as rapazas e rapaces aprenderon como prevenir conductas violentas, resolución de conflictos sen violencia e habilidades sociais, como prevenir o bullying e o ciberbullying, diferentes habilidades sociais para fomentar a convivencia e a diversidade, e estratexias para fomentar a non violencia, a tolerancia e a igualdade sen discriminación de identidade ou orientación sexual, todo esto cunha metodoloxía participativa e dinámica con traballo en equipo, debates, xogos, medios audiovisuais e TICs.




06 marzo 2020

VISITA DE LEDICIA COSTAS



O día 5 de marzo, tivemos unha invitada moi especial, LEDICIA COSTAS,  unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. 

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. Ademáis unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia e gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019) e «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020).

Foi un enorme pracer, ter con nós A ledicia, que interactuou cos rapaces, dunha forma moi amena e con moita paciencia, compartindo todas as súas vivencias. Finalizou a súa vista asinando libros e realizando unha entrevista na nosa radio escolar " LOS 40 COLEGIALES", de man das nenas colaboradoras da Biblioteca.

MOITAS GRACIAS POLA TÚA VISITA, esperamos verte pronto de novo polo Centro.

Esta actividade realizouse gracias a colaboración dos Equipos de Normalización e Biblioteca.




















05 marzo 2020

FROITA NA ESCOLA


De novo participamos no “Programa escolar de consumo de froita e leite nas escolas” que reparte froita aos alumnos durante os recreos. 

04 marzo 2020

CELEBRAMOS O 8M COA MAFALDA MÁIS FEMINISTA

   
   Chega o 8M, o Día Internacional da Muller. Data na que se quere facer visible na sociedade o traballo e a loita das mulleres para conseguir os dereitos que lle teñen sido negados tanto nos espazos públicos coma nos privados.
   Pretendemos render homenaxe a todas aquelas mulleres que coa súa loita e traballo permitiron que nós poidamos ser na actualidade mestras, e que poidamos transmitirvos o saber e a información para que perpetúedes e melloredes esas conquistas.
  Convidámosvos a achegarvos a esta causa a través da mirada de Mafalda, unha nena protestona e combativa que cuestiona os roles das mulleres na sociedade. A nai, Susanita, Liberdade e ela mesma representan modelos de mulleres diferentes. Mafalda envíanos mensaxes claras e directas: “o problema é que as mulleres no lugar de xogar un papel na sociedade teñen xogado un trapo”...
Pincha na foto para ver máis.
  Mirade as viñetas e reflexionade… avanzamos? Recuamos? Precisamos seguir traballando no camiño da igualdade ou está xa todo conseguido?….

29 febreiro 2020

ENTROIDO SECUNDARIA 2020

Xa podemos ver o que foi o noso entroido na galería que segue.
Como prometemos houbo de todo: concurso de sobremesas e máscaras, xincana deportiva, desfile en Primaria con baile incluído... e moita diversión.
E xa sabedes, volver a disfrutar así depende só de vós. 
Pincha na foto para ver máis


19 febreiro 2020

Conto O Monstro de Cores



Os nenos/as de Educación en Valores, 
preparon a escenificación  do conto "O Monstro de Cores"
que compartiron cos peques de Educación Infatil. 

Temos uns artistas no cole!!!!!
Moitas Felicidades pola vosa interpretación!!!!








18 febreiro 2020

PLAN PROXECTA DONAS DE SI - MAGO RICHARD

O CPI da Cañiza recibiu a visita do Mago Richard e o seu espectáculo de maxia e divulgación científica TECNOIGUAIS, onde os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron unha viaxe polas diferentes épocas e puxeron en valor a igualdade na ciencia e na tecnoloxía.
Ao longo do espectáculo viaxaron a través de diferentes tempos e percatáronse das achegas de diversas científicas e científicos da nosa sociedade. Coñeceron e reinvindicaron o papel das mulleres na ciencia, e falaron de mulleres relevantes dentro do ámbito científico, destacando o papel das mulleres galegas na ciencia, como Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico.
A través dos diferentes trucos de maxia fixeron un percorrido por inventos e aportacións feitas por mulleres e tomaron conciencia da igualdade.
https://photos.app.goo.gl/dELC6UxxnH1DEjSh7
Pincha na foto para ver máis